Galicia terá cun plan estratéxico de dinamización territorial das cinco denominacións de orixe do viño

O obxectivo é mellorar o posicionamento dos caldos galegos e das comarcas que representan.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 23/01/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A Xunta elaborará un Plan estratéxico e de dinamización territorial das cinco denominacións de orixe do viño de Galicia co obxectivo de mellorar o posicionamento dos caldos galegos e das comarcas que representan. Así o anunciaron este mércores os conselleiros de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e do Medio Rural, José González, na Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid.

Viñedo en Galicia
Viñedo en Galicia

Durante unha presentación ante o sector vitivinícola e os representantes das denominacións de orixe galegas, os representantes do Goberno explicaron que este plan, denominado 'Paseando entre viñedos: Enoturismo en Galicia. Senda estratéxica das comarcas vitivinícolas galegas', contará coa participación de todos os axentes clave do territorio para mellorar a coordinación público-privada en aras de fomentar o desenvolvemento territorial a partir do sector vitivinícola.

Nesta liña, José González explicou que, como primeiro paso, se fará un estudo e posterior diagnóstico socioeconómico dos territorios implicados, analizando as súas infraestruturas, os servizos públicos e a súa situación demográfica, así como o tecido asociativo e empresarial. A este traballo, engadiu, sumaranse as tendencias de consumo e do mercado vinícola a nivel español e internacional.

Así, no ámbito turístico, o plan analizará o sector recollendo aquelas instalacións, servizos e atractivos turísticos presentes nestas comarcas. De feito, a Xunta quere reforzar as vinculacións das denominacións de orixe dos viños cos lugares nos que están asentadas para fortalecer así o seu vínculo co patrimonio natural e cultural.

Unha vez se teña o diagnóstico da situación, o obxectivo deste novo plan é establecer os eixos para guiar o futuro do ámbito territorial de cada denominación de orixe de forma individual, pero tamén en conxunto. "Búscase crear unha estratexia común e coordinada atendendo ás particularidades de cada contorna", destacou a Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta