As reservas dos grupos sanguíneos 0-, 0+ e A+ seguen baixas en Galicia

Nos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2019 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

As reservas dos grupos sanguíneos A Positivo (A+), Cero negativo (0-) e Cero positivo (0+) seguen en nivel baixo en Galicia, mentres que as da negativo (A-) están normais, segundo a información facilitada este xoves pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

Doazón de sangue
Doazón de sangue

ADOS recorda que para poder atender as necesidades dos centros sanitarios galegos son necesarias 500 doazóns de sangue cada día, polo que subliña a importancia de acudir a doar de todos os grupos sanguíneos.

Co fin de facilitar a doazón, o vindeiro luns, 28 de xaneiro, ADOS desprazará unidades móbiles aos municipios coruñeses de Ortigueira --diante da farmacia de Pontemera--, A Coruña --diante da empresa Commcenter--, Muxía --diante da lonxa--, Frades --fronte ao centro de saúde-- e Culleredo --Vilaboa--.

Tamén haberá unidades móbiles nas localidades lucenses do Páramo --campo da feira-- e Láncara --cruce da estación--, asi como na cidade de Ourense --barrio de San Francisco--. Ademais, o luns 28 de xaneiro ADOS enviará unidades aos concellos pontevedreses de Meaño --diante do Concello-- e O Porriño --cale Domingo Bo--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta