A térmica de Endesa As Pontes certifica a calidade do seu sistema de xestión enerxética

A certificación ISO 50001 é unha normativa internacional desenvolvida por ISO (Organización Internacional para a Estandarización).

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/01/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A Unidade de Produción Térmica de Endesa nas Pontes (A Coruña) logrou a certificación do seu sistema de xestión enerxética, segundo a norma ISO 50001, co que se converte na primeira central eléctrica de Galicia que alcanza este obxectivo.

Central térmica das Pontes
Central térmica das Pontes | Fonte: Pepe do Couto en Wikipedia.

Así o puxo de manifesto a compañía sobre unha certificación que proporciona RINA, unha entidade dedicada ao desenvolvemento da normalización en todos os sectores industriais e de servizos e que levou a cabo unha auditoría externa durante o pasado decembro na que non se detectou ningunha non conformidade no sistema avaliado".

A certificación ISO 50001 é unha normativa internacional desenvolvida por ISO (Organización Internacional para a Estandarización) que garante o correcto deseño, implementación e mantemento do sistema de xestión da enerxía.

En concreto, persegue o "adecuado coñecemento, avaliación e control dos consumos enerxéticos da central en todas as súas formas (tanto electricidade como combustibles), así como unha mellora continua da eficiencia na súa utilización, baixo unha metodoloxía sistematizada".

O director da UPT das Pontes, Marcello Rinaldi, destacou que o recoñecemento "sería imposible sen o compromiso decidido do persoal da central". "Endesa dótanos de procedementos e equipos que están á vangarda no sector enerxético, pero son as persoas quen sitúan a esta instalación na posición de liderado que ocupa en tantos aspectos", subliñou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta