Xa son sete os falecidos con gripe en Galicia, cinco dos cales non estaban vacinados

Desde o inicio da tempada declaráronse 290 ingresos, 138 máis que hai unha semana

Por E.P. | Santiago de Compostela | 25/01/2019 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

Os falecidos con gripe en Galicia aumentaron ata os sete esta semana, cinco máis que hai sete días. Do total, cinco non estaban vacinados.

Vacinas contra a gripe
Vacinas contra a gripe | Fonte: Europa Press

Así o reflicte o undécimo informe 'Vixilancia da gripe en Galicia', publicado este venres polo Sergas e recollido por Europa Press, no que se puntualiza que cinco dos sete falecidos morreron pola gripe.

Desde o inicio da tempada e ata as 13,30 horas deste mércores 23 de xaneiro declaráronse 290 ingresos, 138 máis que hai unha semana, cando había 152 rexistrados.

O informe concreta que dos 290 ingresos desde o inicio da tempada, 143 xa recibiron a alta. Ademais, indica que do total, 25 requiriron asistencia na UCI e, dos 253 que tiñan indicada a vacina, 147 non a recibiron.

Segundo os rexistros de gripe en Atención Primaria constátase un "ascenso respecto da semana anterior". O Sergas engado no informe que esta semana as catro provincias superan co número de consultas semanais por gripe o seu limiar propio.

En canto ás chamadas ao 061 por gripe e infeccións respiratorias, no documento tamén se revela "un ascenso respecto da semana anterior".

MÁS AFECTADOS

Por grupos de idade, o Servizo Galego de Saúde explica no informe desta semana que os máis afectados "seguen sendo os maiores de 64 anos e o grupo de 45-64 anos".

Nestes últimos sete días analizáronse un total de 487 mostras para virus respiratorio (VRS), das que houbo 88 positivas; e 747 para os virus da gripe, das que 145 resultaron positivas para o virus da gripe A.

TENDENCIA CRECENTE

Para o Sergas, os datos achegados pola vixilancia microbiolóxica, tendo en conta os niveis provinciais da intensidade da actividade gripal, "tradúcense nunha difusión xeográfica xeral" e nunha tendencia "crecente".

Este venres conclúe a campaña de vacinación da gripe na Comunidade galega, que se desenvolveu desde o 22 de outubro en 900 puntos de vacinación repartidos por toda Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta