Innovando a lingua galega

Máis de 100 docentes de equipos de dinamización do galego comparten iniciativas innovadoras de difusión do noso idioma.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2019 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Máis de cen docentes dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) participan este sábado na xornada 'Sumando espazos, espallando a lingua', no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, para "dar a coñecer iniciativas innovadoras que sirvan como referente para o resto do profesorado no seu labor de promover o uso do galego", tal e como informou a Xunta nun comunicado.

Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.
Campaña 'Gústame o galego', da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua / ghafos.blogspot.com.

O encontro inaugurouno o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, que agradeceron o labor destes docentes na promoción do galego.

García destacou "a variedade de perspectivas e de ámbitos de acción" das experiencias de traballo, "unha mostra significativa da enorme dose de iniciativa e de creatividade que atesoura o profesorado que promove o galego dentro e fóra das aulas".

O secretario xeral agradeceu o traballo duns profesionais que "traballan cun sector da poboación fundamental para garantir o futuro do galego". Corredoira, que tamén agradeceu o labor destes equipos, destacou que Galicia "conta cun modelo de ensino no que as linguas cooficiais conviven en harmonía, co mesmo espazo no horario lectivo, que é exemplo para todas as comunidades con linguas propia", de modo que se garante que os alumnos alcanzan iguais competencias en galego e en castelán".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 uu1

Fora das aulas? Dois canais de 30 na TDT, cero filmes no cinema, cero revistas em galego, cero jornais em papel e muito poucos na internet. Para quando o achegamento ao português do Brasil para aproveitar que tudo, absolutamente tudo está na nossa língua na variedade do português do Brasil.