UGT demanda melloras ne atención sanitaria á cidadanía

Critica a "falta de capacidade de resolución do Sergas", en todos "os niveis", debido á "mala xestión".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2019 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

O Comité Nacional de UGT Galicia demandou ao Sergas medidas para mellorar o emprego e as condicións laborais, así como a calidade e a atención sanitaria á cidadanía, xunto coa restitución "imprescindible" do diálogo social.

Manifestación en Vigo a prol da Sanidade pública
Manifestación en Vigo a prol da Sanidade pública | Fonte: Miguel Núñez

UGT destacou nun comunicado a "necesidade de darlle estabilidade laboral aos traballadores do sector, articular unha estrutura operativa e pór a disposición do persoal os recursos materiais necesarios para poder ofrecer unha atención sanitaria digna á cidadanía".

Neste sentido, o sindicato criticou a "falta de capacidade de resolución do Sergas", en todos "os niveis", debido á "mala xestión" pero tamén ás "políticas de recortes aplicadas nos últimos anos en recursos humanos e materiais".

UGT cita como exemplo á folga do persoal de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, así como as protestas a nivel de Atención Primaria e doutros servizos de atención especializada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta