E chegou o zapatazo de Beiras

De súpeto Xosé Manuel Bracaleone saíu do seu castelo encantado, onde un piano recorda as melodías doutros tempos. E o verde de Galicia coas súas flores eternas perfuman un pasado de gloria. Novamente subiuse ao seu burro canso e decidiu seguir cabalgado. Os máis próximos entenderon que a orde era continuar batallando. Aínda faltaban moitas batallas por dar. Baixo as bandeiras de Breogan e Castelao, a Armada comezou a cabalgar cara a Compostela.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 28/01/2019

Comparte esta noticia

A película de Mario Monicelli adaptada imaxinariamente a Galicia e interpretada por Vitorio Gassman, parece que ten un final aberto. Recoñezo que son un fan de Monicelli, autor da maxistral película Os Compañeiros, A Armada Bracaleone e Brancaleone nas Cruzadas, entre outras. Dirixiu aos mellores actores italianos: Monica Vitti, Anna Magnani, Giancarlo Giannini, Stefania Sandrelli, Vittorio de Sica, Sophia Loren, Enrico Maria Salerno, Gian Maria Volonté, Paolo Villaggio, Nino Manfredi e Vittorio Gassman.

Se tivese que irme a vivir só a unha illa, levaría as súas películas e os libros de Jorge Amado. O certo é que o papel de Gassman fascinoume pola súa interpretación e xenialidade. O mesmo pásame con Xosé Manuel Beiras, sen ningunha dúbida o máis destacado político dos últimos 50 anos de Galicia. Xunto con Castelao marcaron o pensamento patriótico do último século e o presente.

O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, nun acto de Anova
O histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras, nun acto de Anova

Estes días desde Galicia Confidencial eu clamaba polo “Zapatazo” de Beiras. E o zapatazo deuse. As súas declaracións coincidentes coas de Otegi, falan de dar unha resposta política ao neofascismo e ampliar as políticas de alianzas. Inclusive de participar do acordo do BNG, ERC e Bildu. Esta posición xera unha nova situación política independentemente, que esta proposta se concretice.

Beiras volve apostar por un discurso centrado en Galicia, cunha visión internacionalista. A súa posición está acorde co momento actual. Non se pode desestimar unha proposta que pode ampliar a potencialidade electoral. Isto pódese reflectir nas futuras eleccións europeas, municipais e as xerais. É hora de terminar co minifundio mental, do canibalismo político, os oportunistas e trepadores. Galicia necesita unha forza propia, poderosa, de esquerdas, anticapitalista, republicana e rupturista. Unha forza que coordine con outras organizacións estatais a loita por un proceso constituiente, no marco estatal e do noso país, que declare a Terceira República e a República Galega. Por iso necesitamos un proxecto estratéxico, que nos conduza á autodeterminación de Galicia.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.