O 061 atendeu a 50 persoas debido a 39 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana en Galicia

Pontevedra foi a provincia que rexistrou máis accidentes.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/01/2019 | Actualizada ás 09:47

Comparte esta noticia

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 atendeu a 50 persoas debido a 39 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega durante a fin de semana. O domingo foi a xornada con máis sinistros, cun total de 19.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 25 de xaneiro e as 23,59 horas deste domingo un total de 49 chamadas en relación con sinistros de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 46. En concreto, as ambulancias realizaron 44 saídas e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistiron en dúas ocasións.

En 41 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en nove casos recibiron atención no lugar do incidente sen necesitar traslado. A proporción de homes atendida ascendeu ao 60 por cento e a de mulleres reduciuse ao 40%. En canto ás idades dos feridos, o 30 por cento dos asistidos tiña entre os 20 e 34 anos.

Pontevedra foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos da fin de semana, con 16; seguida da Coruña, con 14; Lugo, con cinco; e Ourense, con catro.

Accidente. 112
Accidente. 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta