A lepra segue viva en Galicia

A Xunta notificou a existencia dun caso en 2018.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 28/01/2019 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

O Rexistro Estatal de  Lepra do Instituto de Saúde Carlos III-Centro Nacional de  Epidemioloxía recibiu en 2018 a notificación de seis novos casos desta enfermidade, un deles en Galicia. O resto foron en Castela e León, Cataluña,  Comunitat Valencia, Estremadura e Madrid.

Así mesmo, ao finalizar o ano, había 18 persoas en tratamento en España, en concreto, catro en Cataluña; duas en Andalucía, Castela-A Mancha, Galicia e Madrid; e unha en Canarias, Castela e León,  Comunitat Valenciana, Estremadura, Navarra e País Vasco.

Respecto ao 2017 notificáronse oito novos casos (dous en Madrid e no País Vasco, e un en Aragón, Cataluña, Galicia e Navarra), e ao acabar dito ano había 24 persoas en tratamento (oito en Cataluña, catro en Madrid, tres en Galicia, dous en Baleares, Castela-A Mancha e País Vasco, e un en Andalucía, Castela e León, e Navarra).

Unha persoa con lepra
Unha persoa con lepra | Fonte: culturizate.com

DATOS MUNDIAIS

Deste xeito, cada minuto e medio unha persoa contáxiase de  lepra no mundo, unha enfermidade que só en 2017 rexistrou a 210.671 novos casos e que está a avanzar de forma rápida no Mediterráneo Oriental, América, África, Pacífico Oriental e algunhas zonas de Europa.

Así o sinalaron a Fundación  Fontilles e  Anesvad con motivo da celebración, este domingo, do Día Mundial contra a  Lepra, e das campañas que ambas as organizacións lanzaron, de forma separada, para explicar en que consiste a enfermidade, sensibilizar sobre a importancia da detección precoz e do tratamento temperán.

E é que, aínda que esta enfermidade adoita afectar as rexións máis vulnerables, nos países desenvoltos tamén está presente. A  lepra provoca lesións cutáneas (en forma de  úlceras,  protuberancias e  hinchazón) nas que o paciente presenta unha importante diminución da sensibilidade. Co tempo, se a enfermidade non é tratada adecuadamente mediante a combinación  medicamentos que desde 1995 proporciona a Organización Mundial da Saúde de forma gratuíta, pode producir destrución das  mucosas da boca e nariz, perda de  dentición e deformidade de trazos faciais e extremidades.

ESTIGMA SOCIAL

Son estas secuelas, tal e como lembrou  Anesvad, as que  estigmatizan ás persoas que sofren a enfermidade, que en moitos casos son excluídas polas súas comunidades e familias, condicionando así o seu desenvolvemento e posibilidades de traballar e levar unha vida "digna" en igualdade de condicións.

Agora ben, pese ao avance xeneralizado da enfermidade, as 210.671 deteccións que se rexistraron en todo o mundo en 2017, supuxeron un 3,3 por cento menos que as que se produciron en 2016, ano no que se detectaron 217.968 novos casos. Esta diminución débese, segundo informou ao Fundación  Fontilles, ao retroceso do 5,9 por cento nas deteccións do Sueste Asiático, que pasaron de 163.095 en 2016 a 153.487 en 2017.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta