Ferida unha persoa en Lugo tras envorcar o coche no que circulaba

En Dodro (A Coruña), rexistrouse unha saída de vía na AG-11, xusto antes do desvío en Rois, dirección Padrón.

Por E.P. | LUGO | 28/01/2019 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida este luns tras sufrir un accidente ao envorcar o vehículo no que circulaba. Os feitos ocorreron na estrada de Lugo a Ombreiro, en Tirimol, no termo municipal de Lugo.

Circulación de coches. ARQUIVO
Circulación de coches. ARQUIVO

Segundo informou o 112 Galicia,  un particular chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) pasadas as 11,30 horas deste luns para informar dun coche que envorcara. Ademais, indicou que había unha persoa atrapada no interior do turismo.

Sendo así, informouse os Bombeiros de Lugo, Urxencias Sanitarias e axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo,deuse aviso á Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil de Lugo.

Con respecto á persoa ferida, persoal sanitario confirmou o seu traslado a un centro hospitalario, segundo indicaron as mesmas fontes de emerxencias.

SAÍDA DE VÍA

Por outra banda, en Dodro (A Coruña), pasadas as 12,15 horas deste luns, unha muller embarazada precisou asistencia sanitaria tras saírse da vía o seu vehículo cando circulaba pola AG-11, concretamente antes da saída de Rois, dirección Padrón.

Segundo informou o alertante que chamou ao 112 Galicia para avisar, o turismo chocou contra a mediana da autovía despois de saírse da estrada. Ata ao lugar desprazáronse os servizos sanitarios de urxencia, os Bombeiros de Boiro, membros do GES de Padrón e axentes de Tráfico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta