Temas: MENORES ALCOHOL

150 inspeccións e 99 persoas identificadas en relación ao consumo de alcol en menores

Levantáronse 18 actas de infracción: 13 por consumo de alcol e cinco por venda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

Os axentes do grupo de menores da Policía Autonómica realizaron entre os días 21 e 27 de xaneiro 150 inspeccións para velar polo cumprimento da Lei de Prevención de Bebidas Alcohólicas en Menores, que se saldaron con 99 persoas identificadas, e nas que se levantaron 18 actas de infracción: 13 por consumo de alcol e cinco por venda.

A Vicepresidencia da Xunta informou de que os grupos da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo realizaron 33 dispositivos de control de menores en risco de desamparo nos concellos da Coruña, A Guarda, Ames, Brión, Lalín, Lugo, Negreira, Ourense, Pontevedra, Ponteareas, Porto do Son, Ribas de Sil, Ribeira, Rois, Santiago de Compostela e Vigo.

A pasada semana inspeccionáronse 150 zonas de lecer, locais e centros comerciais, con 99 persoas identificadas. Ademais, levantáronse 18 actas de infracción, das cales 13 foron por consumo de alcol e cinco por venda.

O Goberno galego lembrou que, desde que entrou en vigor a lei, a Policía Autonómica "leva a cabo diversos dispositivos policiais, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade".

Nestes dispositivos, a Xunta explicou que, ademais das denuncias por infracción, "infórmase os propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o seu cumprimento" co fin de "evitar o consumo de alcol entre os menores de idade".

Consumo de alcol entre adolescentes
Consumo de alcol entre adolescentes | Fonte: Pixabay.

Temas: MENORES ALCOHOL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta