A Real Academia Galega trae unha nova 'Primavera das Letras'

A presentación da nova edición do proxecto web será en Cerdedo-Cotobade.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 28/01/2019 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

A presentación da nova edición do proxecto web da RAG 'Primavera das Letras' terá lugar o 28 de febreiro en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), segundo acordaron responsables do municipio e da institución académica nun encontro que serviu tamén para abordar a organización do Día das Letras Galegas.

Reunión executiva RAG e alcalde de Cerdedo-Cotobade. RAG
Reunión executiva RAG e alcalde de Cerdedo-Cotobade. RAG | Fonte: Europa Press

Este municipio pontevedrés será o 17 de maio sede do pleno extraordinario co que a RAG conmemorará o Día das Letras, dedicado a Antonio Fraguas Fraguas.

Segundo informa a institución académica, co propósito de ir perfilando os detalles da celebración, a executiva da RAG recibiu a visita do alcalde, Jorge Cubela, nun acto con presenza, entre outros, do presidente da institución académica, Víctor Freixanes.

Sobre a iniciativa 'Primavera das Letras', a RAG lembra que se trata dunha proposta que busca facilitar ao alumnado de infantil e primaria "recursos lúdicos e didácticos para achegalos ao universo vital e creador da figura homenaxeada cada 17 de maio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta