A Mesa reclama á Xunta que "atenda" o informe da ONU sobre os dereitos lingüísticos dos galegofalantes

Destaca que todas as carencias detectadas no informe preliminar están "relacionadas con Galicia e coa súa lingua propia, o galego".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2019 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística remitiu un escrito ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no que solicitan que o Goberno galego "atenda" o informe preliminar da ONU que sinala a existencia en Galicia de "vulneracións" dos dereitos lingüísticos dos galegofalantes.

Marcos Maceira e Elsa Quintas, na presentación dun informe da Mesa. EUROPA PRESS - Arquivo
Marcos Maceira e Elsa Quintas, na presentación dun informe da Mesa. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

O informe preliminar, presentado a pasada semana, foi elaborado por Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. O documento final será presentado en marzo de 2020.

Así, segundo lembra A Mesa, entidade que colaborou co relator na redacción do informe, as conclusións preliminares apuntan que en Galicia se producen "importantes carencias" en relación aos dereitos lingüísticos no Estado, concretamente nos ámbitos da xustiza, da administración pública e do ensino.

O presidente da Mesa, Marcos Maceira, sinala que "todas" as carencias sinaladas no informe de De Varennes están "relacionadas con Galicia e coa súa lingua propia, o galego". "Todas elas na orixe das importantes mobilizacións sociais dos últimos anos en defensa do noso idioma", engade.

Por iso, insta o Goberno galego a tomar nota para "cumprir os estándares internacionais" fixados na Declaración universal dos dereitos lingüísticos, na Carta europea das linguas rexionais ou minorizadas e do recente Protocolo para garantía dos dereitos lingüísticos de 2016, así como as propias normas de Galicia para protexer a súa lingua propia.

"A garantía do exercicio dos dereitos democráticos contemplados nestes documentos é imprescindible para avanzar na normalidade lingüística, o que inclúe ás institucións públicas galegas e estatais e de forma particular, por mandato estatutario, á Xunta", aseverou Maceira.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 uu1

Pois si que há “inmersión” linguística em Galiza. No cinema 100% castelhano, nos jornais em papel 100% castelhano, na televisão TDT, 30 canais em castelhano e 2 em galego, nas plataformas digitais 100% em castelhano, jornais digitais, não sei 80% castelhano e 20% galego. Pensar que che podam atender em galego para renovar o DNI, passaporte é uma ilusão, que encontres um médio que atenda em galego outro tanto, e podemos seguir e seguir. Certo em Galiza há “inmersión” linguística clara, não se explica que nos anos 80 o 75% das crianças tinham contato com o galego e hoje rebuce-se ao 25%.

1 Chico Percebe

Estos de la Mesa lo que piden es la inmersión lingüística obligatoria en gallego para todos los alumnos de Galicia. La Carta Europea firmada por Aznar al más alto nivel, contempla la inmersión en lengua regional para los que la soliciten, no para todos (en la práctica supondría que todos pudiensen escoger la lengua vehicular). Pero ese matiz es el que estos de la Mesa no tienen a bien reconocer. El modelo catalán de inmersión obligatoria tampoco está avalado por la Carta Europea (no hay paralelismo en ningún país de Europa), pero esto no parece ser noticia para esta especie de integristas lingüísticos. Libertad de elección: ése es el camino.

1 Sentidiño

Pero cómo mola mandar os fillos a Londres, ou estudar no Colegio Alemán como Esperanza Aguirre! O da inmersión educativa é algo tan simple como isto: https://www.serpadres.es/3-6-anos/e...

2 Sentidiño

A proba do éxito da inmersión son "Estos de la Mesa" ou eu mesmo, que falamos e escribimos o castelán mellor que a maioría dos inimigos do galego... modestia á parte! ;-)

3 Españolistas dades noxo

O que non está avalado por carta ningunha é a imposición do castelán e así levamos séculos.