Temas: SECA AUGA ENCOROS

A reserva dos encoros galegos gaña 126 hectómetros de auga

A conca do Miño Sil está no 50,5% da súa capacidade, o que son tres puntos sobre a capacidade que tiña a semana pasada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2019 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

Os encoros galegos romperon esta semana a súa evolución negativa e creceron en 126 hectómetros de auga, o que sitúa a reserva galega no 54,5% da súa capacidade total, fronte ao 51% da semana pasada.

Segundo os datos feitos públicos este martes polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, Galicia ten algo máis de 2.000 hectómetros cúbicos de auga embalsada, o 54,5% da súa capacidade total.

Por concas, a Miño-Sil atópase ao 50,5% da súa capacidade, tres puntos por encima da semana pasada, con 1.530 hectómetros cúbicos de auga embalsada, fronte aos 1.441 de fai sete días. Pola súa banda, os encoros da conca Galicia-Costa subiron case cinco puntos e medio, ata o 72,2% da súa capacidade. En total, teñen 494 hectómetros cúbicos de auga, fronte aos 457 de fai sete días.

Encoro
Encoro

Temas: SECA AUGA ENCOROS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta