Algúns consellos para que un “gamer” non teña lesións musculares

"Aínda que os xogos son unha forma de lecer estupenda e divertida, a vida real está fóra do xogo", advirte o Colexio de Fiseoterapia de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 29/01/2019 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

Cambiar de postura con frecuencia, complementar o tempo de xogo con actividade física e outras alternativas de lecer, son os mellores aliados para ser un bo “gamer” e evitar o sedentarismo. Son algúns dos consellos do Colexio Oficial de Fiseoterapeutas de Galicia  no primeiro videoconsello do ano da campaña”‘12 meses, 12 consellos de saúde”.

Mozo xogando aos videoxogos no Torneo Magic de Ourense
Mozo xogando aos videoxogos no Torneo Magic de Ourense | Fonte: TVG

“É importante non pasar moitas horas sentado fronte á pantalla e, no caso de que a partida se alongue máis da conta, ademais de cambiar de postura con frecuencia é conveniente utilizar a tecla de 'pause  game' cada hora e media e así cambiar de actividade por uns minutos e aproveitar para moverse”, apunta esta entidade nun comunicado.

De feito, e co título “Como ser un  gamer e non morrer no intento”, os fisioterapeutas ofrecen no seu  videoconsello de xaneiro  unha serie de recomendacións para que os “gamers” poidan gozar da súa afección coidando da súa saúde:

OS GAMERS, UN FENÓMENO EN CRECEMENTO

Os xogos de realidade virtual son cada vez máis populares pero ás veces, se non se teñen en conta algúns sinxelos trucos, poden xogar malas pasadas. Por este motivo, os fisioterapeutas  inciden na importancia de revisar a contorna antes de “poñerse as lentes” de realidade virtual, para evitar chocar con obxectos reais, golpearse con eles ou caer.  Polo que respecta aos xogos que simulan actividades deportivas, destacan que o ideal é evitar moitos movementos bruscos.

Ademais, para os xogos do móbil e que implican movemento na rúa, os fisioterapeutas tamén recomendan non perder de vista a contorna pola que se camiña, para evitar tropezos con persoas ou cousas cando só se está pendente da pantalla.

Por todo iso, os fisioterapeutas lembran que, aínda que os xogos son “unha forma de lecer estupenda e divertida”, a vida real está fóra do xogo, polo que facer exercicio, comer de forma saudable e acudir ao fisioterapeuta para previr e tratar as posibles lesións, son algunhas das claves para gozar desta forma de lecer coidando a saúde.

CAMPAÑA

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia participa na campaña ‘12 meses, 12 consellos de saúde’ que leva a cabo a nivel nacional, e na que tamén están implicados os colexios profesionais de fisioterapeutas de Cataluña, Comunidad de Madrid, Comunidade Valenciana, Navarra e País Vasco. O seu obxectivo sensibilizar á poboación sobre a importancia de adoptar hábitos saudables para previr lesións musculo-esqueléticas a través de pequenos curtos de animación que se difunden con periodicidade mensual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta