Expulsado do país a un alxerino por agredir un home "sen mediar palabra" na Coruña

A anterior sentenza condenaba o agresor a unha pena de tres anos e nove meses de prisión, ademais de obrigalo a indemnizar a vítima con preto de 6.000 euros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2019 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A Audiencia provinicial da Coruña decretou a expulsión de España por un período de seis anos dun cidadán alxerino que propinou un cabezazo "sen mediar palabra" a un home na Avenida das Conchiñas, na cidade herculina.

O tribunal, nunha sentenza datada o pasado 20 de decembro, condena ao agresor a unha pena de tres anos e nove meses de prisión por un delito de lesións e a indemnizar á vítima con 5.906,83 euros. O xulgado acorda substituír a pena de prisión pola expulsión do acusado, M.A.M., do territorio español por un período de seis anos.

O fallo, sobre o que cabe recurso de apelación, considera probado que, aquel 25 de novembro de 2017, o condenado, que se atopaba no momento dos feitos en situación irregular, propinou un cabezazo "sen mediar palabra" a un home de 36 anos que transitaba pola citada avenida.

A consecuencia da agresión, a vítima sufriu un traumatismo polo que perdeu catro pezas dentais, logo substituídas por unha prótese. Os gastos sanitarios derivados da asistencia á vítima ascenderon a 903,74 euros, contía que o condenado deberá abonar ao Sergas.

Sede Do Tribunal Superior De Xustiza
Sede Do Tribunal Superior De Xustiza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta