A escritora Mercedes Queixas será o número tres da lista do BNG para as municipais na Coruña

Como número un irá Francisco Jorquera e de dúas, Avia Veira, actual portavoz municipal.

Por E.P. | A CORUÑA | 30/01/2019 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A escritora, docente e académica da Real Academia Galega (RAG) Mercedes Queixas Zas será o número tres da lista do BNG ás eleccións municipais na cidade da Coruña, segundo informa esta formación.

Queixas ocupará este posto nunha lista que encabezará o exdiputado no Congreso Francisco Jorquera e no que, como número dous, figura a actual portavoz municipal do BNG no consistorio herculino, Avia Veira.

A elección de Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968), foi ratificada pola Asemblea Local do BNG, segundo explica esta formación nun comunicado.

Ademais dos seus labores como docente en ensino secundario nun centro público desde 1996, Mercedes Queixas é tamén secretaria xeral da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e membro do Consello Escolar Municipal. Ademais, estivo vinculada a entidades de renovación pedagóxica, editoriais e colectivos en defensa do galego.

Mercedes Queixas Zas. BNG
Mercedes Queixas Zas. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta