A Garda Civil sospeita que dúas confrarías pontevedresas defraudaron 400.000 euros por vendas irregulares

O Seprona detectara prácticas irregulares en 2006 polas queixas que había no sector sobre praxes pouco claras nos puntos de control.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/01/2019 | Actualizada ás 15:53

Comparte esta noticia

O tenente coronel da Comandancia de Pontevedra, Manuel Touceda, estima que a cantidade defraudada por dúas confrarías pontevedresas coas vendas irregulares pode ascender 400.000 euros. Segundo informou este mércores, unha vintena de persoas integrantes de varias agrupacións de mariscadores da provincia de Pontevedra, entre elas as de San Telmo e Lourizán, están a ser investigadas por supostas irregularidades no control da extracción de ameixas dos bancos marisqueiros. "Calculamos que se produciu unha fraude de 400.000 euros", sinalou.

Durante unha comparecencia de prensa xunto á subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, convocada tras a celebración da Xunta provincial de Seguridade, Touceda explicou que este caso está "en fase de investigación".

O tenente coronel indicou que o Seprona da Comandancia da Garda Civil comprobou que "era unha práctica detectada o ano 2006" por mor das queixas que había no sector sobre unha serie de irregularidades nos denominados "puntos de control". Concretamente, os axentes descubriron que non coincidían as cantidades de ameixa e berberecho que se vendían na lonxa de Campelo coas que figuraban en documentos das capturas expedidos ás mariscadoras nos puntos de control. Nestes momentos, precisou, o número de investigados está "sobre uns 20".

Sobre a posibilidade de ampliar a investigación a outras confrarías, Touceda respondeu aos xornalistas que se fará se así se demostra. "Se é unha práctica que está estendida, teremos que investigalo e estenderémolo, si". En todo caso, Manuel Touceda non achegou máis información debido a que de momento se está en "fase de investigación e lévao a Fiscalía". O Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra leva este caso tras a presentación da querela por parte do fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, que investiga a presunta comisión dos delitos de falsidade en documento mercantil, administración desleal e estafa.

Axente da Garda Civil. GUARDIA CIVIL
Axente da Garda Civil. GUARDIA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta