Así traballa Henry, o can da Garda Civil especializado na busca de diñeiro

O membro da unidade canina participou no rexistro do domicilio en Poio dun acusado de pertencer a un grupo criminal organizado involucrado en estafas a grande escala a nivel internacional.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 30/01/2019 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

Henry é un dos cans especialistas na procura de diñeiro da unidade canina da Garda Civil de Pontevedra. No vídeo grabado pola Benemérita, vese como o animal, de raza labrador, rexistra o domicilio dun detido en Poio que forma parte dun grupo criminal organizado involucrado en estafas a grande escala a nivel internacional.

Henry, un labrador membro da unidade canina da Garda Civil de Pontevedra
Henry, un labrador membro da unidade canina da Garda Civil de Pontevedra | Fonte: @PlanDirectorPon en Twitter.

Unha acción conxunta liderada por Alemaña (Fiscalía e Policía de Colonia) e Italia (Fiscalía de Bolzano, co apoio da Garda dei Finanza Brunico) levou ao "desmantelamento dun grupo criminal organizado" involucrado en estafas "a grande escala" e branqueo de capitais en toda Europa. O operativo saldouse con catro detidos en Alemaña e España, un deles un cidadán alemán arrestado na provincia de Pontevedra, en Poio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta