“Zorra pro terrorista, hija de puta, cerda vieja piojosa”, os apelativos que se lle adican a Carmena no FB de Vox Ourense

Un simpatizante da ultradereita colgou nesta rede social un comentario no que califica de "repugnante pseudo-politica, malvada y maquiavelica persona" á alcaldesa de Madrid por non despregar unha pancarta de homenaxe a Miguel Ángel Blanco.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/01/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Manuela Carmena, alcaldesa de Madrid, é o novo obxectivo da formación de ultradereita Vox en Galicia. Un simpatizante colgaga na páxina de Facebook desta formación en Ourense unha dura crítica contra a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena, por, supostamente, terse negado a realizar unha homenaxe en Madrid a Miguel Ángel Blanco, orixinario desta provincia, e asasinado por ETA en Ermua.

Insultos na conta de FB de Vox contra a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena
Insultos na conta de FB de Vox contra a alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena

A polémica xurdu tras pedir o Movimiento contra la Intolerancia ao Consistorio madrileño que colgase unha pancarta na fachada de Cibeles e organizase unha concentración por Madrid en homenaxe a Miguel Ángel Blanco. En 2017, o Concello de Madrid despregou unha pancarta no acto homenaxe da morte do edil co lema 'En el 20 aniversario del asasinato de Miguel Ángel Blanco, Madrid con todas las vítimas del terrorismo'.

Zorra pro terrorista, hija de puta, cerda vieja piojosa”, foron algúns dos apelativos que lle adicaron á rexedora madrileña nesta rede social de Vox-Ourense. E todo, a raíz da publicación realizada na mesma polo usuario Nacho Díaz Tejedo, que compartiu unha noticia de ABC titulada “Carmena se niega a organizar un homenaje a Miguel Ángel Blanco en Madrid”.

Esta repugnante pseudo-política, malvada y maquiavelica persona disfrazada de corderito, absoluta incompetente tanto en su pasada carrera judicial como jueza de Vigilancia Penitenciaria, como en su actual ocupación martirizando los madrileños de una forma atroz, no tiene la más mínima empatía con las víctimas del terrorismo, y mucho menos, ética, moral o algo que lejanamente se le parezca. ¿Por qué solamente se rompió un tobillo? Y no, no es que quiera que le pase algo terrible: sólo quiero que desaparezca 'ipso facto' del panorama político, aunque solo sea por baja indefinida”, deixou publicado no perfil desta formación ultra en Facebook.

Ao momento choveron os comentarios, todos eles, moi duros contra a alcaldesa, “Zorra pro terrorista”, “Que hija de puta”, “Cerda vieja lavarte la boca piejosa no te da verguenza”, “Cuando la meten en el geriátrico”, “Que hija de puta cabrona BRUJA”, “Me cago en su puta madre vieja asquerosa”.

Publicación do FB de Vox en Ourense no que se critica duramente a Carmena
Publicación do FB de Vox en Ourense no que se critica duramente a Carmena

Non é a primeira vez que afiliados ou simpatizantes de Vox reaccionan violentamente nas redes sociais con informacións contrarias aos seus intereses. Polo momento, e a diferencia do acontecido con outros activistas de esquerda, ningún xulgado considerou que sexan constitutivos de delito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

2 Pasmao

Cosas peores se leen aquí mismo dirigidas a todo el que no sea nacionalista gallego o de izquierdas sin que nadie se rasgue las vestiduras.

1 Sentidiño

Falso se toda falsidade. Aquí é moi difícil cualificar, que non insultar, a xente coma ti. Falo por experiencia. Bicos, paz, e amor.

1 Gamela

Non vexo nigún interés nesta noticia, agás que alguén queira darlle voz a esta tropa de resentidos... Máis que publicar esta "merda" mellor fose denunciala nos xulgados, seica os defensores do políticamente correcto non teñen intención de facer tales denuncias...? Logo mellor fose non espallar o odio máis do que xa está sendo espallado por outros xornais! En canto ás redes sociais son todo o que queirades menos sociais...! https://i.gal/gamela16