Por Xurxo Salgado | Compostela | 31/01/2019 | Actualizada ás 16:55
O apoio do PP á propostas de autogoberno e de transferencia de competencias presentadas polo BNG está provocando críticas no resto do Estado. Pero, para o líder dos populares galegos, ese apoio é circunstancial e só porque son medidas que “representan a unha Galicia española”.
Así, e preguntado por Galicia Confidencial na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta a este respecto, Feijóo expresou que os populares estarán de acordo con esta liña "se está no seu ideario" e se lles parecen cuestións "útiles".
"Seguiremos representando a unha Galicia que quere seguir sendo española e a unha Galicia que é galega. Este tipo de cuestións os galegos xa as temos despexadas desde o principio dos tempos porque seguimos traballando por un proxecto común que é o da nacion española", concluíu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.