Feijóo sobre o cambio climático: “Galicia está no podium das automonías que fai os deberes”

O presidente galego asegura que o obxectivo da Xunta é reducir as emisións de C02 un 25% en 2030 e un 80% en 2050.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2019 | Actualizada ás 19:31

Comparte esta noticia

A Xunta deu conta este xoves do informe preeliminar da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía, coa que a Comunidade buscará reducir nun 25% as emisións de gases de efecto invernadoiro en 2030 e un 80% en 2050. O obxectivo final, segundo explicou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, é alcanzar a "neutralidade climática" para a metade de século.

Imaxe alusiva ao cambio climático
Imaxe alusiva ao cambio climático | Fonte: WWF España

"Galicia xa é a terceira autonomía con menos emisións á atmósfera. Estamos no podium das autonomías que facemos os deberes", dixo na rolda de prensa posterior á reunión co seu Executivo. Por iso, avanzou que a nova estratexia é un documento "longo" e "denso", que terá a súa versión definitiva "en xuño" deste ano e que prevé un primeiro plan operativo para, durante o período 2018-2023, continuar ou pór en marcha máis de 120 medidas coordinadas con distintos departamentos da Xunta.

De acordo con datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica aos que se referiu Feijóo, en 2016 Galicia emitiu 27,9 millóns de toneladas de dióxido de carbono (CO2), un 4,7% por baixo de 1990 e un 22,4% menos que en 2005. "Isto ten moito que ver temas como a reforestación e iniciativas de enerxías renovables", celebrou.

Deste xeito, o titular da Xunta erixiu en "alicerce fundamental" o sector primario e o medio natural --xa que os montes galegos ocupan "o 56%" do territorio da Comunidade--, que teñen "unha gran capacidade para absorber gases" contaminantes como o CO2.

Así mesmo, incidiu na "aposta polo talento investigador e pola innovación", para que Galicia se converta "en territorio exportador" de coñecemento neste ámbito e tamén para "captar fondos" cos que desenvolver actuacións contra o cambio climático e xerar novas oportunidades empresariais.

CATRO ÁMBITOS DE ACTUACIÓN

Concretamente, esta estratexia identifica catro ámbitos de actuación, dúas deles que veñen establecidos pola axenda internacional --a mitigación para afrontar o cambio climático desde as súas causas e a adaptación-- e outros dous definidos pola Xunta --investigación e innovación, e a sensibilización da cidadanía--.

En canto á mitigación, Feijóo explicou que pretenderá "reducir as emisións de gases" de efecto invernadoiro e "aumentar a absorción" dos mesmos, mentres que a adaptación fixa como retos principais desenvolver e manter redes de observación e modelos climáticos adaptados para Galicia, a través dun estudo sobre a vulnerabilidade da costa ou a mellora dos sistemas de resposta ante eventos extremos.

No ámbito da investigación e innovación, o titular do Goberno autonómico destacou a "importancia" da transferencia de coñecemento "activo e eficaz" das medidas, mentres que en materia social garantiu a "incidencia" nos centros escolares e na industria e o "compromiso" das administracións públicas.

"En definitiva, trátase dun documento completo", resumiu Feijóo, para despois reivindicar a "credibilidade" que dará a estratexia a Galicia no conxunto de España e no Comité de Rexións (CdR) da Unión Europea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta