Defensa amplía o acceso a documentos anteriores a 1968, incluído o arquivo militar de Ferrol

Permitirá a consulta pública do Arquivo Xeral, do Exército do Aire e dos de Ávila, Barcelona, Ferrol, Melilla, Ceuta e Guadalaxara

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 31/01/2019 | Actualizada ás 18:06

Comparte esta noticia

A ministra de Defensa, Margarita Robles, asinou unha resolución na que amplía a apertura aos estudiosos e, en xeral, aos cidadáns un conxunto de series documentais contidas en oito arquivos militares. Trátase do Arquivo Xeral Militar de Ávila e os de Barcelona, Ferrol, Melilla, Ceuta, Guadalaxara, así como do Arquivo Xeral e do Arquivo Histórico do Exército do Aire

Comisión de Defensa no Congreso dos Deputados. Ricardo Rubio - Europa Press
Comisión de Defensa no Congreso dos Deputados. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Entre outros informes, poderase acceder a expedientes de operacións e organización, de información e intelixencia, de orde pública e xustiza, así como de obras no Arquivo Intermedio Militar Noroeste de Ferrol.

Con esta decisión dáse continuidade ao proceso iniciado coa súa resolución de 20 de setembro de 2018, pola que se autorizaba con carácter xeral a consulta pública da documentación do Arquivo Xeral Militar de Ávila, segundo informa o Ministerio de Defensa.

Agora autorízase nos citados arquivos a consulta ás series documentais anteriores ao ano 1968 descritas nun Anexo que acompaña á Resolución. Trátase de documentos cuxa consulta non se debe atopar impedida total ou parcialmente por razón da súa clasificación con arranxo á Lei 9/1968, de 5 de abril, de Segredos Oficiais ou por outros motivos legalmente previstos ou mesmo por razóns relacionadas co gran volume documentación arquivada cuxo acceso público require un proceso técnico previo de tratamento especializado (inventario, descrición, dixitalización...).

Tanto o Exército de Terra como o do Aire informaron de que a documentación anterior a 1968 dos Arquivos dos Exércitos de Terra e Aire que se describe no Anexo da Resolución "non afectan nin á seguridade nin á defensa do Estado, que o seu estado é correcto, que o seu grao de descrición alcanza o 100 por cen e que é posible a súa consulta".

Pola súa banda, a Comisión Calificadora de Documentos da Defensa, prevista no Regulamento de Arquivos Militares, informou favorablemente a autorización ministerial con carácter xeral para o acceso público á documentación que se describe no Anexo da Resolución.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta