A xuíza ve indicios de prevaricación no caso do exalcalde de Camariñas

O Xulgado de Corcubión investiga as contratacións de seguros realizadas por Manuel Valeriano Alonso de León.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2019 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión que investiga as contratacións de seguros realizadas polo exalcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León, coñecido como 'Pichurri', ve indicios dun delito de prevaricación e doutro continuado de negociacións e actividades prohibidas a funcionarios públicos.

Manuel Valeriano Alonso Pichurri, alcalde de Camariñas e Félix Porto, alcalde de Muxía
Manuel Valeriano Alonso Pichurri, alcalde de Camariñas e Félix Porto, alcalde de Muxía | Fonte: QPC

Nun auto datado a 30 de xaneiro, a maxistrada acorda continuar coa causa aberta contra o rexedor da localidade coruñesa entre 2007 e 2018 ante a existencia de indicios de que Alonso de León se beneficiou economicamente das comisións xeradas pola tramitación de pólizas contratadas co Concello a unha empresa da que é administrador único.

O xuíz sinala que o exalcalde ditou "resolucións arbitarias" desde o seu posto á fronte do goberno local para contratar os seguros municipais á súa empresa —Pichurri SL— "a propósito da existencia de informes de reparo do interventor municipal para o pago de recibos contrarios á lexislación".

"Durante o seu mandato como alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso de León non só realizou pólizas de seguros novas, senón tamén renovacións das novas e ampliacións de pólizas", sinala o auto. Estas pólizas eran contratadas coa delegación de Mapfre en Camariñas, a empresa Pichurri SL, propiedade do exrexedor socialista.

Manuel Valeriano Alonso de León presentou a súa dimisión á fronte da Alcaldía o pasado 24 de agosto despois de que a Audiencia da Coruña confirmase o fallo que o condena a catro anos de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación administrativa, en relación coa contratación dunha persoa sen convocar o correspondente proceso de selección.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta