Sentenza contra o SERGAS por vulneración da liberdade sindical

Os feitos ocorreron en xuño de 2017 cando integrantes do sindicato CESM-Omega pediron documentación sobre nomeamentos eventuais ao SERGAS sen que este organismo facilitase os documentos na súa totalidade.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 31/01/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O Xulgado Contencioso-Administrativo número dous de Santiago declara a existencia de vulneración ao dereito de liberdade sindical por parte da no SERGAS en Compostela. A sentenza coñeceuse este pasado 28 de xaneiro.

Sala de espera do Sergas. XUNTA - Archivo
Sala de espera do Sergas. XUNTA - Archivo

A finais de xuño de 2017 un grupo de médicos do sindicato médico CESM-Omega, solicitaron primeiramente á EOXI de Santiago e logo á Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS, documentación relativa aos nomeamentos estatutarios de persoal temporal eventual facultativo.  Os representantes sincidais alegaron querer coñecer a data de nomeamento deste persoal eventual temporal. Pola súa parte, a dirección de Recursos Humanos do Sergas alegou que o que se quería era coñecer a data exacta de comezo de traballo dos facultativos temporais.

A orixe da petición do CESM-Omega está na publicación no DOG do día 4 de maio de 2017 do Plan de Estabilidade de Emprego e provisión de prazas de persoal estatutario. Este plan buscaba a estabilización do persoal eventual. Así, cando o sindicato médico solicitou a información sobre o persoal eventual, alegou querer “fiscalizar/controlar o uso fraudulento de nomeamentos eventuais sucesivos”.

O primeiro escrito solicitando a documentación sobre contratacións eventuais e nomeamentos, foi enviada á Xerencia da EOXI (Estrutura Organizativa de Xestión Integrada) de Santiago o día 18 de setembro de 2017. Un segundo escrito foi enviado á Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS o día 31 de xaneiro de 2018.

Na propia sentenza sinálase que o SERGAS enviou “de forma extemporánea parte da documentación solicitada. Tamén se sinala que nos papeis enviados non se facilitaba a data de inicio de prestación de servizos do persoal eventual, mais pola contra, si se presentaba a data de nomeamento.

Durante o xuízo os representantes legais do SERGAS estimaron a solicitude da documentación como “excesiva”. Non obstante, na sentenza enténdese que non houbo exceso na petición, ademais de sinalar que o dereito á información forma parte das liberdades sindicais. Desta maneira, a sentenza declara que os dereitos á liberdade sindical foron vulnerados por non ter facilitado o SERGAS a documentación que pedían os representantes sindicais, instando o tribunal ao Servizo Galego de Saúde que facilite os documentos solicitados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Para pedir un papel... ao tribunal do contencioso ! Esto sí que é transparencia ! Case o memo que sucede coas contratacións do Concello de Vigo ! Deus os dá... e eles se xuntan...!