Que utilidade ten a Enquisa de Poboación Activa?

A EPA é un dos elementos estatísticos máis recorridos polos gobernos centrais e autonómicos para medir a incidencia das súas políticas económicas e laborais. As dúbidas xurden sobre o método de enquisa, se recolle a todo o espector e as variables necesarias para ter unha valoración verosímil dos datos do emprego.

Por Moncho Mariño | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia


A definición que ofrece o Instituto Nacional de Estadística sobre a EPA “Encuesta de Población Activa” é “unha investigación continua e de periodicidade trimestral dirixida cara as familias que se leva facendo desde 1964. A finalidade principal é ter datos da poboación en relación co mercado de traballo: ocupados, activos, parados e inactivos”.

INEM,. EUROPA PRESS - Arquivo
INEM,. EUROPA PRESS - Arquivo

Os diferentes gobernos centrais e autonómicos teñen esta enquisa como un dos piares que reflicte a marcha das súas políticas económicas. Por iso, en plena crise económica as diferentes administracións, segundo o negativo ou positivo das enquisas, facían referencia á EPA segundo os datos que aparecían nela.

FUNCIONAMENTO

A elaboración da EPA é un exercicio de inquérito sobre 65.000 familias que son consultadas cada tres meses. O número total de persoas que entran nesta enquisa son 200.000. A  primeira enquisa faise de maneira persoal a cada familia por empregados fixos do Instituto Nacional de Estatística. Despois están as entrevistas persoais ou as que se fan por teléfono. O período de tempo que se toma como referencia para as perguntas é a semana anterior á da realización da entrevista. Mes e medio despois de recoller os datos, é cando se teñen os resultados.

Dentro das 65.000 familias faise unha división en catro categorías. A primeira son os “activos”. Este colectivo son persoas de 16 ou máis que ou están traballando no período da enquisa ou teñen dispoñibilidade e están en condicións de traballar. As categorías dúas e tres son consideradas subdivisións da primeira. Primeiramente estarían as persoas ocupadas, xente de 16 ou máis anos que durante a semana de referencia, traballaron polo menos unha hora a cambio de diñeiro ou especie. Tamén entran as persoas que estiveron temporalmente do posto de traballo por doenza ou outras continxencias.  A poboación ocupada está subdivida ao seu tempo en traballadores por contra propia (quen emprega, empresarios sen asalariados e traballadores independentes) e os traballadores por conta allea ou asalariados, a tempo completo ou parcial.

A segunda subdivisión entre a xente activa son as persoas desempregadas. Xente con dezaseis ou máis anos que durante a semana de referencia para facer a enquisa, non tiveron traballo, teñen disposición para traballar e buscaron emprego activamente. Buscar traballo de maneira activa. A busca de traballo activa é definida cando a persoa parada tivo contacto cunha oficina de emprego para ter traballo ou se fixo o propio nunha oficina privada. Existen outros baremos para medir este punto, como contactar cos empregadores potenciais, participar en probas, etc. Os desempregados son tamén as persoas que atoparon traballo pero aínda non o están exercendo. A última categorías xeral é a de inactivo, que son as persoas de dezaseis ou máis anos que non están incluidas dentro das categorías anteriores.

MÉTODOS

Segundo o Instituto Galego de Estatística, o  tipo de mostraxe utilizada divídese en dúas unidades de primeira etapa. As unidades de primeira etapa están constituídas polas seccións censuais, persoas. As unidades de segunda etapa está constituídas polas vivendas familiares principais e os aloxamentos fixos. "Non se consideran seleccionables as vivendas secundarias  (ocupadas una parte do ano) ou as valeiras".

Dentro das unidades de segunda etapa non se realiza mostraxes, apuntao IGE, por iso se recolle información de todas as persoas que teñan a súa residencia habitual nas mesmas.
Como apunta o IGE, nun documento enviado a Galicia Confidencial. "As unidades de primeira etapa se estratifican atendendo a un dobre criterio:

A.- Criterio xeográfico (de estratificación): As seccións se agrupan en estratos de acordo coa provincia e tipo de municipio (segundo importancia demográfica) á que pertencen.
B.- Criterio socioeconómico (de subestratificación): Dentro de cada estrato xeográfico as seccións censuais se agrupan en subestratos atendendo a categoría socioeconómica dos fogares  localizados na sección".

METODO ENTREVISTA

O método de entrevista utilizado é a entrevista persoal asistida mediante un ordenador portátil (método CAPI: Computer Assisted Personal Interviewing) para as vivendas que entran novas na mostra e entrevista telefónica para as sucesivas entrevistas. Estas entrevistas telefónicas realízanse desde centros CATI (Computer Assisted Telephone Interviewing).

Durante o primeiro contacto coa vivenda solicítase o teléfono para a realización das sucesivas entrevistas de maneira telefónica. Tamén se admite a posibilidade de realizar as sucesivas entrevistas tamén de maneira presencial para aquelas vivendas que non dispoñan de teléfono ou teñan dificultades para realizar unha entrevista telefónica.

TEN UTILIDADE A EPA?

A Administración galega creara no seu día o IGE, Instituto Galego de Estatística, que recolle ao seu tempo os datos da EPA relativos a Galicia. Séguense os mesmos parámetros. Pero reflicte a realidade laboral galega? Maica Bouza de CC OO, “consideramos que a EPA nos permite coñecer a variación estrutural do mercado laboral”. Desde UGT, José Carlos Rodríguez apunta que  “a EPA ofrece o mellor reflexo do mercado laboral por incorporar todas as variables de actividade, ocupación, desemprego, inactividade, situación dos fogares por persoas activas e persoas paradas”.

“Non obstante consideramos que é mellor para España que para Galicia. En que sentido? Que non recolle toda a realidade de todo o noso tecido produtivo, refírome a situaciónsn que cada vez son menos, pero que son situacións específicas no sector primario ou servizos, sobre todo as persoas que colaboraban ou axudaban con outras que realizaban cotizacións” di Maica Bouza. Isto, segundo Bouza, “fixo que se infravaloraran situacións de subemprego en Galicia”. Pero con todo isto, Bouza ve esta enquisa como un instrumento fiable para facer unha análise estrutural do mercado laboral.

Outros rexistros, como o dato mensual do desemprego das oficinas de colocación, son datos onde a xente se rexistra ou deixa de rexistrar voluntariamente, ou os datos da Seguridade Social tamén son fontes para coñecer os movementos de emprego, pero non ten saldo neto. 

Pero a resposta a se a EPA é un elemento útil, desde as forzas sindicais contactadas por Galicia Confidencial responden que “é o máis ideal? Ao mellor non. É o máis consensuado como referente tanto a nivel internacional seguindo os parámetros da Organización Internacional do Traballo (OIT) e ten os consensos de todos os axentes económicos e sociais? Pensamos que se se aumentase máis o número de enquisas en Galicia, os datos serían máis aproximados. Pero para nós é unha fonte moi válida para coñecer o estado do emprego no noso territorio”.

En decembro de 2008 o IGE asina un convenio de colaboración co Instituto Nacional de Estatística para  a realización da Enquisa no ámbito territorial da Comunidade autónoma. “No marco do Plan Galego de Estatística, o IGE, asina ese convenio para cubrir os obxectivos  dese plan,  sendo preciso unha ampliación da mostra da EPA para analizar a poboación en relación coa actividade  a nivel provincial, de grandes concellos e determinados grupos de idade, así  como a ampliación de variables antes non utilizadas”, di Rodríguez de UGT.

Isto fixo que o INE accedese a duplicar a mostra da enquisa de 4.000  vivendas a 8.000 vivendas na Comunidade galega. A partir de 2009  ao ampliar a mostra se recollen moitas máis variables. “Para a nosa organización, é un instrumento fundamental para a análise da realidade do noso mercado laboral. Son moitas as enquisas, 8.000 vivendas,  é unha mostra moi representativa da realidade laboral dos fogares galegos” din desde UGT.

A idea de que a EPA puidera ser un elemento “distractor” sobre a situación do emprego non parede ter sitio entre boa parte dos sindicatos. Aínda máis, segundo as directrices marcadas tanto por organismos internacionais como estatais, séguense uns parámetros que están reflectidos no Eurostat. Por tanto, con algúns fallos técnicos, con posibles e ás veces necesarias modificacións, a EPA é ata o de agora un instrumento fiable da evolución do emprego. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Somos estatísticas? a estes nunca os chaman por teléfono... https://flic.kr/p/N6Zpku