Desaloxada unha escola infantil de Oleiros por mor dun incendio

O lume orixinouse por un curtocircuíto.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Os nenos dunha escola infantil situada no municipio coruñés de Oleiros foron desaloxados este venres pola mañá por precaución debido a un lume causado por un curtocircuíto.

Así o explicou o 112, que concretou que o incendio se rexistrou nunha gardaría situada na rúa Antonio J. de Sucre, no concello de Oleiros.

Sobre as 9,30 horas deste venres o 112 recibiu a chamada dun particular na que informaba de que vía fume fronte ao Instituto de Santa Cruz. Por iso, alertouse aos Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Policía Local de Oleiros, así como, aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar e finalizada o incidente, os membros de Protección Civil indicaron que se tratou curtocircuíto que provocou un lume nunha das luces situadas na entrada do edificio.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta