Desaparece na Coruña unha moza que necesita medicación urxente

Mide 1,67 de estatura, ten o pelo longo moreno e ollos castaños.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/02/2019 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

Unha moza de 27 anos que precisa medicación urxente desapareceu na Coruña, segundo informa, a través das redes sociais, a organización SOS Desaparecidos.

Trátase de Lara Fernández Iglesias, que falta do seu domicilio desde o 28 de xaneiro. Mide 1,67 de estatura, ten o pelo longo moreno e ollos castaños.

De acordo coa descrición achegada, é unha moza de complexión delgada que ten tatuaxes no tronco anterior, con símbolos, precisan desde SOS Desaparecidos.

Mozo de 27 anos desaparecida na Coruña. SOS DESAPARECIDOS
Mozo de 27 anos desaparecida na Coruña. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta