A Asociación Catalá de Municipios visita Pontevedra para inspirarse no seu modelo urbano

Os visitantes interesáronse pola xestión do estacionamento na cidade e investimentos necesarios para executar a transformación urbana.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2019 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

O goberno local de Pontevedra recibiu este venres a visita dunha delegación de responsables políticos, moitos deles alcaldes, da Asociació Catalana de Municipis que se trasladaron expresamente á cidade de Lérez para coñecer o seu modelo urbano.

Cidade de Pontevedra
Cidade de Pontevedra | Fonte: pontevedraviva.com

Foi un grupo de doce persoas entre os que se atopa o secretario xeral da asociación e alcalde da Seu d'Urgell, Albert Batalla, e os alcaldes e alcaldesas de Xirona, Marta Madrenas; Vic, Fabiana Palmero; Sant Cugat, Carmela Fortuny; o vicepresidente da Deputación de Lleida e alcalde de Les Borges Blanques, Enric Mir; o alcalde de Sant Quintí de Mediona, Pol Pagès; o alcalde de Sant Sadurni d'Arnoia, Josep María Ribas; o alcalde de Sant Climent de Llobregat, Isidre Sierra; e Francina Vila, concelleira de Barcelona.

Á súa chegada ao Concello foron recibidos polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e recibiron unha exposición teórica por parte do director xeral de Urbanismo, Xosé Manuel Tato, e do intendente principal, Daniel Macenlle.

Posteriormente, saíron a facer unha visita pola cidade acompañados do propio alcalde, para ver o que previamente lles foi exposto, e resolver na parte práctica as dúbidas que expuxeron no consistorio.

TEMAS

Principalmente interesáronse pola xestión do estacionamento na cidade, polos investimentos que foron necesarios para executar toda a transformación urbana ou se se percibiron axudas doutras administracións.

Despois dunha comida oficial, os alcaldes percorreron a cidade para comprobar os estacionamentos disuasorios ou a xestión do tráfico da man do intendente principal, Daniel Macenlle.

Na xornada tamén estiveron acompañados por Ana Montalbán, secretaria técnica da asociación de concellos Ciudades que Caminan, e que declarou que vir a Pontevedra era unha "visita obrigada" recoñecendo que as súas expectativas quedaron "moi superadas" pola realidade porque, segundo sinalou, "cando un chega de fóra percibe que é unha cidade para estar, para vivir".

Pola súa banda, Fernández Lores anunciou que manterá un encontro de traballo o vindeiro martes 5 de febreiro co director xeral de Tráfico, Pere Navarro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Que non lle pase nada... Dende a Seo d´Urgell chegou a Vigo un catalán que nos birlou a propiedade e os millóns que depositara en herdanza o que fora propietario do castelo de Pambre... Hoxe morreu o Hemano Donaire sen que ninguén restituira a súa obra de caridade durante máis de 40 anos acollendo ao máis pobres de entre os pobres... Donaire "Vigués Distinguido" morreu coma un can... mentras o Arzobispado de Barcelona amasa unha pequena fortuna que era de tódolos galegos !!! https://www.lavozdegalicia.es/notic... Que se ande con coidado Lores non vaia ser que lle leven a carteira !!! Claro que agora que o BNG vai votar por Junqueras igual esto tamén entra no NEGOCIO ! https://flic.kr/p/RboG8y