O temporal causa tres feridos en Mazaricos ao impactar dous vehículos por culpa de xeo na estrada

Os bombeiros tiveron que rescatar do interior dun dos coches ao quedaren presos logo do impacto que sucedeu sobre as sete da mañá deste sábado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2019 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas nun accidente de circulación causado pola presenza de xeo nunha estrada do municipio coruñés de Mazaricos, segundo informou o CIAE 112 Galicia.

O accidente tivo lugar ás 07,00 horas deste sábado na estrada AC-400 á altura de Chachín. Segundo o particular que puxo o caso en coñecemento do 112, dúas persoas estaban atrapadas no interior dun dos vehículos implicados.

Desprazados ao lugar, os bombeiros de San Comba rescataron a estas dúas persoas, que xunto co outro ferido foron trasladadas a un centro hospitalario polos efectivos de Urxencias Sanitarias 061.

GARDA CIVIL
GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta