Ofrecen 1.000 euros para quen axude a identificar ao quen disparou nun ollo a un can en Ourense

Os animalistas móstranse moi preocupados pola impunidade dos autores dos tiroteos lembrando outros sucesos semellantes en Verín e Pontevedra o ano pasado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2019 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia


A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber (FFW) ofreceron unha recompensa de 1.000 euros para quen achegue datos sobre o autor dun disparo no ollo a un can na provincia de Ourense, que foi rescatado pola Asociación Prol Animais de Verín.

Nun comunicado conxunto, denunciaron "este covarde acto de malos tratos" e advertiron de que o autor se pode enfrontar, por vía penal, a unha condena de entre un e tres anos de cárcere, ademais de inhabilitacións para tratar con animais.

En caso da vía administrativa, a sanción económica podería ascender ata os 30.000 euros, se se aplica a nova Lei de Benestar Animal, tal e como explicaron ambas as asociacións. Libera e a FFW mostráronse "moi preocupados" pola "abraiante impunidade" dos autores dos tiroteos, e lembraron outros casos sucedidos en Verín e Pontevedra o pasado ano.

Coa recompensa pretenden "incentivar a posibles testemuñas para xerar información" que permita actuar ás autoridades. Ademais, pediron ao Goberno galego que "traballe en campañas específicas para disuadir á poboación a acerca da súa obrigación legal de denunciar un delito se teñen constancia diso". Neste sentido, os animalistas sinalaron que "quen presencia un acto cruel e non o pon en coñecemento das autoridades, só está a axudar a quen o cometen".

Cazadores e animalistas, no campionato provincial de caza do raposo en Cerdedo-Cotobade
Cazadores e animalistas, no campionato provincial de caza do raposo en Cerdedo-Cotobade | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta