Temas: XUNTA AP-9

O anteproxecto para a conexión entre a autovía AC-14 e a AP-9 recibe o informe favorable

O goberno galego quere a construción dunha ligazón completa para mellorar o servizo para a área metropolitana da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/02/2019 | Actualizada ás 17:31

Comparte esta noticia



A Axenda Galega de Infraestruturas, dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, emitiu o seu informe favorable ao anteproxecto do denominado Viario 18 que o Ministerio de Fomento someteu recentemente a información pública e á audiencia das administracións afectadas.

Tal como sinalou a Xunta nun comunicado, trátase dun anteproxecto de construción dunha conexión entre a autovía AC-14 na ligazón da Zapateira e a autoestrada AP-9, "coa finalidade de unir as dúas principais vías de acceso de alta capacidade á cidade da Coruña".

Aínda que o anteproxecto prevé a construción dun semienlace entre ambas as vías, o Goberno galego solicitou que no proxecto definitivo da actuación se converta nunha ligazón completa, "para permitir todos os movementos e así mellorar o servizo á área metropolitana e, especialmente, ao aeroporto de Alvedro".

Audasa, autoestrada AP-9
Audasa, autoestrada AP-9

Temas: XUNTA AP-9
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta