Temas: SAúDE SANIDADE

A provincia da Coruña rexistrou máis de 3.000 mortes por cancro en 2018

Segundo os expertos o envellecemento da poboación incrementa a incidencia do cancro de aí que as persoas maiores sexan as máis afectadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2019 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

Unhas 3.500 persoas faleceron en 2018 por padecer algún tipo de cancro na provincia da Coruña, segundo datos da Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Tal como sinalou dita asociación nun comunicado, o ano pasado morreron debido a esta enfermidade un total de 3.421 persoas na Coruña, un 1,7% máis que en 2017.

O cancro de pulmón foi o tumor con maior mortalidade, con 639 persoas falecidas; seguido polo colorrectal, con 492; o de próstata, con 248; así como o de páncreas, 225 mortos, e o de estómago, con 196 falecidos. Ademais, o ano pasado diagnosticáronse 7.684 novos casos de cancro na provincia, dos que 4.420 eran homes e 3.264 mulleres. Os máis comúns foron o colorrectal, con 1.078 novos casos, así como o de mama, con 898 afectados. O cancro de próstata (888), o de pulmón (777) e o de pel (655), foron os outros tipos de tumores máis diagnosticados en 2018.

"O envellecemento da poboación incrementa a incidencia do cancro e, por esa razón, as persoas maiores foron as máis afectadas pola enfermidade: o 53,4% dos diagnósticos producíronse en pacientes de máis de 70 anos", sinalou a Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española contra o Cancro.

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

Neste sentido, para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro, a AECC celebrará este luns en Madrid a oitava edición do Foro Contra o Cancro, que estará presidido pola raíña Dona Letizia. A xunta coruñesa seguirá o evento en directo por 'streaming' desde a sala de prensa de Afundación a partir das 11,30 horas.

Ás 12,30 horas, comezará no mesmo lugar unha mesa redonda sobre a importancia da atención psicolóxica para enfermos e familiares. Nela participarán, entre outros, a xerente da Xunta Provincial, Xema García-Abril, e o director médico do Centro Oncolóxico de Galicia, Alfonso Mariño. Así mesmo, en Santiago, a xunta compostelá celebrará este luns, ás 17,30 horas, outra mesa redonda sobre o mesmo tema no centro sociocultural de Fontiñas, na que participarán, entre outros, os psicólogos da AECC Marcos Calvo e Lucía Álvarez-Santullano.

Proba de detección de cancro de mama. GC
Proba de detección de cancro de mama. GC

Temas: SAúDE SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta