Os atropelos, a principal causa de morte nas estradas

Tres dos catro mortos nas estradas en xaneiro foron por este motivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2019 | Actualizada ás 11:11

Comparte esta noticia

Galicia pechou o primeiro mes do ano 2019 cun balance de catro falecidos en accidentes de circulación, un menos que no mesmo período do pasado ano, segundo datos facilitados este luns pola Dirección Xeral de Tráfico.

Así, tres persoas perderon a vida en atropelos, dous deles rexistrados na provincia da Coruña e o restante, en Pontevedra. Ademais, outra persoa faleceu ao verse implicada nunha colisión na provincia coruñesa.

En canto á distribución das vítimas por franxas de idade, dous dos falecidos tiñan entre 46 e 55 anos, un entre 56 e 65, e o restante era maior de 65. Deste xeito, a Comunidade galega iniciou o 2019 cunha caída na mortalidade en estradas en comparación co pasado exercicio, xa que en 2018 producíronse cinco falecidos no primeiro mes do ano.

Accidente mortal en Oroso (A Coruña). GARDA CIVIL - Arquivo
Accidente mortal en Oroso (A Coruña). GARDA CIVIL - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta