O CGAC celebra os seus vinte anos con música electrónica, performances, arte e charlas

Coucou chloe, Virxe María, Lowlight, Víctor Flores, El cuerpo del disco e Jus Kno forman parte do cartel.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/02/2019 | Actualizada ás 11:25

Comparte esta noticia

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acollerá os próximos días 15 e 16 de febreiro o 20 aniversario da exposición 'Lost in sound', unha mostra que supuxo un xiro de perspectiva da relación dos museos co público.

O evento que servirá de celebración dos 20 anos desta mostra está comisariado polo promotora I'm The Mocker, que traerá a Santiago a algúns dos artistas que renovan e crean novos códigos musicais e visuais.

Diso informou o Concello de Santiago nun comunicado, no que explica que Coucou chloe, Virxe María, Lowlight, Víctor Flores, El cuerpo del disco e Jus Kno, así como Chiu Longina, Montse Rego e Lola Dopico formarán parte do cartel.

"O comisario da exposición que se inaugurou en 1999, Manuel Oliveira, incitaba no seu momento á reflexión da crise da arte como xerador de universos visuais en beneficio da publicidade, a moda ou os videoclips", lembra o Consistorio, que considera que "non parece que 20 anos despois este debate está pechado senón máis aberto que nunca, debido ao auxe de novos medios como youtube ou Instragram".

Exposición de arte contemporánea no museo CGAC
Exposición de arte contemporánea no museo CGAC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta