Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2019 | Actualizada ás 15:02
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o "veo das transferencias" non ocultará a "falta de respecto" con Galicia do proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) presentado polo Goberno de Pedro Sánchez.
Así se pronunciou este luns o máximo mandatario autonómico en declaracións aos xornalistas nun acto en Santiago de Compostela, no que avisou de que este "veo das transferencias" tampouco "servirá de coartada" para os traspasos que o Executivo socialista quere facer "en favor do independentismo catalán e en Euskadi".
"Nós ao noso: orzamentos do Estado, diñeiro que nos deben do 2018 e transferencia da AP-9", subliñou o presidente galego, que sinalou que Galicia "sabe moi ben que o seu teito competencial é igual ao do Cataluña ou ao do País Vasco".
Con todo, argumentou que a Comunidade galega "sabe priorizar". "E, neste momento, a prioridade é, sen dúbida, restituír o diñeiro que nos quitaron nos Orzamentos Xerais do Estado e que se cumpra a lei de 2018 de orzamentos e llos dean as liquidacións negativas ás que temos dereito e que aínda non cobramos", reivindicou Feijóo, que tamén situou como prioridade o traspaso da AP-9.
Por iso, rexeitou "abrir un período para falar do que interesa ao Goberno socialista" e "tapar o que o Goberno socialista está a facer en Galicia" que, segundo indicou, é "diminuír os seus investimentos". "Tampouco imos servir de coartada para que o Goberno socialista, tanto co independentismo catalán como no país vasco, faga as transferencias que lle peten", apuntou.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.