Por que e para que un Estado Palestino?

Por que? Porque somos un pobo que vive dende hai máis de 63 anos baixo unha ocupación militar estranxeira (a israelí).

Por Ghaleb Jaber | Santiago de Compostela | 18/09/2011

Comparte esta noticia

Porque nós vimos como ocuparon e como seguen ocupando a nosa terra, o noso mar e o noso aire. Porque dende hai décadas levamos soportando a ocupación da nosa propia intimidade, soportando o feito de vivir sen liberdade en Cisjordania e Gaza, dúas grandes cárceres onde se aglutinan preto de 5 millóns de palestinos.

Queremos que se recoñeza o Estado Palestino porque a ocupación militar israelí fixo que máis de 7 millóns de refuxiados palestinos teñan que vivir na diáspora e porque agotamos tódalas vías de resistencia á ocupación e as negociacións directas e indirectas con Israel. Porque temos un recoñecemento internacional aos nosos dereitos dende 1947 con miles de resolucións que Israel ignora forma automática.

¿Para que? Para ser un estado con fronteiras e soberanía recoñecidos internacionalmente, cuios territorios deixen de estar ocupados por forzas estranxeiras. Para ser un estado con dereitos e deberes, coma calqueira estado libre e soberano, que poida desfrutar da súa terra, do seu mar e do seu aire. Un estado soberano para crear as súas políticas sociais e as súas relacións. Soberano sobre as súas fronteiras e libre para solicitar forzas internacionais que protexan ditas fronteiras de agresións externas. Soberano para elixir aos seus amigos e defender os seus intereses. Soberano e libre para elixir aos seus representantes e o seu propio sistema político, así como os seus dereitos e deberes, igual que calquera pobo do mundo, e igual que Israel.

A pregunta é: Por que e para que Israel e Estados Unidos (garantes da liberdade e a democracia) negan ese dereitos ao pobo palestino?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Últimas de Ghaleb Jaber
Ghaleb Jaber Ghaleb Jaber Ibrahim é un palestino afincado en Santiago de Compostela desde a década do sesenta. Licenciado en Medicamento e Cirurxía pola Universidade de Santiago, máster en Dirección de Empresas e doutor en Xornalismo, Ghaleb Jaber Ibrahim é propietario da produtora CTV. No ano 1985, Ghaleb Jaber funda o Hotel Araguaney de Santiago de Compostela. Entre outras das súas iniciativas, puxo en marcha fai nove anos o Festival Internacional de Cinema Euroárabe Amal, primeiro e único certame do mundo que exhibe producións sobre o mundo árabe. Fiel ao seu pobo natal e ás súas xentes, é un gran defensor de Palestina. Ghaleb Jaber crea a Fundación Araguaney-Ponte de Culturas achegando un dilatado programa de actividades para proxectar solucións a problemas mundiais e aos da nosa sociedade.