A Xunta reclama ao Goberno central máis prazas MIR

Demanda aumentar as prazas de 2020, atá as 124 en medicina de familia e 26 en pediatría.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2019 | Actualizada ás 20:16

Comparte esta noticia

A Xunta demandou este luns ao Goberno central un total de 19 novas prazas para o curso MIR do próximo ano 2020. Así o fixo o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nunha reunión en Madrid coa ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social, Maria Luisa Carcedo.

A ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús. XUNTA
A ministra de Sanidade, María Luisa Carcedo, e o conselleiro de Sanidade, Jesús. XUNTA | Fonte: Europa Press

En concreto, propuxo a Carcedo novas acreditacións para, das 111 aprobadas actualmente, chegar a 124 prazas en medicina de familia (13 máis), e pasar de 20 a 26 en pediatras (6 novas prazas). "Téntase así mellorar a situación de falta de profesionais nas especialidades de pediatría e medicina de familia, e equilibrar as xubilacións que se van a producir no Servizo Galego de Saúde (Sergas)", relatou Vázquez Almuiña.

As prazas estarán operativas para o ano que vén, xa que en xullo deste ano se creditarían desde a Xunta a cantidade exacta para a convocatoria do MIR 2020 ao Ministerio de Saúde. "Todo incremento que se poida facer vai mellorar a situación", asegurou o conselleiro, para despois subliñar que é "un aspecto que levan tempo" reclamando.

Por outra banda, tamén se demandou a posibilidade da homologación de títulos extracomunitarios e, segundo explicou Vázquez Almuiña, no "próximos tres meses pode haber unha convocatoria" para uns 500 médicos extracomunitarios.

Por último, na reunión abordaron a eliminación da taxa de reposición para as especialidades deficitarias. Concretamente, o titular de Sanidade destacou que en medicina de familia sitúase entre 100 e 108 por cento, o que considera "insuficiente para recuperar as prazas que durante a crise non se puideron convocar".

E é que a Xunta considera que eliminar a taxa de reposición permitirá dar "máis estabilidade" aos profesionais que traballan sen vínculo laboral fixo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta