Aviso amarelo no litoral galego para este mércores por ondas de catro a cinco metros de altura

O dispositivo de aviso estará activo desde as 12:00 do mércores para todo o litoral da comunidade por mar de fondo do noroeste.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2019 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

O litoral galego terá este mércores, 6 de febreiro, aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros de altura durante a tarde a partir do mediodía.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, recollido por Europa Press, as borrascas do Atlántico norte irán xerando ondas que chegarán ao litoral galego durante a tarde deste mércores con alturas superiores ao catro metros.

Así, a partir das 12,00 horas estará activo o aviso amarelo en todo o litoral galego por mar de fondo do noroeste, con ondas de catro a cinco metros.

Aviso amarelo no litoral galego. METEOGALICIA - Arquivo
Aviso amarelo no litoral galego. METEOGALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta