Tamén pecha a edición dixital de Xornal

Os medios en galego ou cunha liña editorial crítica co PPdeG seguen morrendo. Trinta e oito persoas irán a rúa co peche da edición dixital da cabeceira da construtora San José.

Por Walter Burns | A Coruña | 19/09/2011 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

Adiantárono varios traballadores nas redes sociais e confirmouno PR Noticias. Antes de fin de ano pechará Xornal.com, segundo lle comunicou hoxe a dirección da empresa ao Comité que representa os traballadores.

None

O Comité, no que participan CIG e SXG, aínda non confirmou a noticia, que tampouco figura na portada da cabeceira coruñesa. Esta tarde está prevista unha asemblea dos traballadores, que até hoxe non se mobilizaron, na sede da Coruña. Segundo traballadores consultados, a edición dixital pechará o vindeiro 30 de decembro e a empresa fará os despedimentosdos 38 traballadores de xeito gradual.

Solidariedade de GC cos traballadores

A solidariedade do equipo de GC con todos estes compañeiros. Coa súa labor lograron insuflar aire fresco no mundo editorial galego, monopolizado na súa práctica totalidade pola sumisión ao poder político de turno.

A decisión do peche de Xornal.com non é unha sorpresa. O catro de agosto pechou a edición en papel de xeito repentino. A dirección da compañía mantivo en vilo aos asalariados até hoxe, pois non lles facilitou información algunha.

San José aplica o mesmo método de desmantelamento que en ANT

Hoxe os despedimentos foron comunicados por un grupo de abogados de Garrigues, un dos buffets máis caros do Estado, especializado en peches de compañías.

A Construtora San José contratou aos mesmos letrados  para botar aos traballadores do histórico semanario nacionalista A Nosa Terra. Os xornalistas desta cabeceira aínda teñen pendente por cobrar parte dos seus salarios e indemnizacións. A cabeceira viguesa tamén mantén débedas cos seus colaboradores.

O frustado grupo mediático do galeguismo próximo a Quintana

A construtora nacida en Pontevedra apostou forte polos medios de comunicación galegos tras a chegada do bipartito ao poder. San José rescatou a ANT dunha dificilísma situación económica e deulle nova vida. Porén, o proxecto acabou fracasando, a editorial foi disolta e o semanario sobrevive só en internet.

A edición en papel Xornal, tamén propiedade de San José, naceu moi pouco antes das eleccións que encubraron a Feijóo. Isto impediu que Xornal gañase peso na configuración da opinión pública galega a tempo de ser un factor relevante nos comicios. Ademais, o apoio do 'quitanismo' a Xornal alimentou a desconfianza das outras cabeceiras galegas, en especial de La Voz, cara o proxecto político que encabezaba o daquela vicepresidente da Xunta.

A partir de entón Anxo Quintana tivo que soportar continúas embestidas mediáticas, que culminaron coa polémica publicación da foto do político no iate de Jacinto Rey, dono de Xornal. Con Feijóo no poder, Xornal apostou por unha liña editorial crítica coa Xunta.

A culpa da Xunta ou da audiencia galeguista?

A empresa e o director-fundador de Xornal, José Luis Gómez, chegaron a un acordo para que este deixara o meido na pasada primavera, pouco despois das informacións sobre un mitin de Rajoy no Moropa, un barco dunha familia de narcotraficantes de Cambads. Xornal, que naceu como un proxecto moi próximo ao 'quintanismo' do BNG, achegou nos últimos meses a súa liña editorial ao PSdeG.

A recesión económica que afecta aos construtores, os avances electorais do PP, a posible vitoria de Rajoy o 20N e as escasas vendas da edición en papel (800 exemplares segundo PR Noticias aínda que Xornal nunca se someteu ao OJD) son factores que inflúen no peche desta cabeceira.

Xornal non era un medio en galego, pero usaba a lingua propia moito máis que o resto de diarios de pago. Dende que goberna o PPdeG en San Caetano xa morreron a edición en papel de A Nosa Terra, A Peneira, Galicia Hoxe, Vieiros e GZ Nación. Todos eles medios en galego e críticos cos conservadores.

Fronte as críticas da oposición, a Xunta nega calquera responsabilidade na fin destes medios e recorda o escaso apoio que recibiron até hoxe polas súas audiencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

37 Peri

Manoliño, vouche contestar cunha frase que lle dixeron moitos xefes ó seu empregado: "Manoliño, en esta empresa somos apolíticos, hablamos castellano", e agora dime ti quen está a convertelo idioma en política

36 Dani

Otro fracaso más del BNG. Que bien. Al parecer siguen sin aficionarse a la lectura, y luego le echan la culpa al PP, claro.

35 Manoliño

Xan d'Outeiro, alguén ten que defender ao galego, pero non o nacionalismo porque Galicia é unha terra eminentemente conservadora na que as estridencias nacionalistas xeran rexeitamento. Se os nacionalistas patrimonializan a defensa do galego, se o unen irremediablemente á política, é evidente que esta lingua se contaxia do desprestixio que acarrean as estridencias nacionalistas. O galego defenderíase moito mellor separandoo da política, pero eso tédelo por piñeirismo, e precisades facervos as vítimas con calquera cousa, co galego, aínda que contribuades a que esmoreza. De nada.

1 Carmoegues

Este é un país cun grupo organizado de amigotes que fan política terxiversando e engando e que despois do seu longo goberno deixaron a Galicia nas últimas en tódolos ámbitos. Vaite ao Lalín de Cuiña de fai anos co incipiente grupo conservador mais nacionalista galego ata que chegaron o grupo de amiguiños a mercalo, é o que teñen os conservadores,Allariz, Pontevedra ou metete dentro da psique dos 90 onde o BNG era a segunda forza política deste país ... Estás totalmente imbuido pola mentira dos pepeiros que levan vivindo a corpo de rei a costa deste país e das súas mentiras, logo chapuzas, pero logo outra vez mentira para tapala.

2 Lucense

Manolinho acaba de descobrir-nos que à nossa Língua já lhe chega com ser defendida desde o espanholismo (UPyD, Falange, UCE, Galicia Bilingüe, Rajoy...). Que seria de nós sem mentes brilhantes como as de Manolinho, que iluminam o caminho a seguir para proteger o galego? Obrigado Manolinho, nom deixes de alumear-nos nesta obscuridade criada polos inimigos da nossa terra galega.

3 Santos

Manoliño: nin caso. Está aburrido.

34 Xan d´Outeiro

Queria dicirche, ademais, que para trtar estes temas debes informarte algo máis. Non é unha cuestión de nacionalistas ou non nacionalistas. Trátase da defensa dun Pais, dunha cultura, dun idioma, dunhas costumes arcaicas e profundas dun pobo. Trátase de algo moi serio, Manoliño. Non sexas "un simple"; fasl con algo mási de profundidade, se sabes; senón deixa o asunto para os que algo entenden. Ti segue defendendo o castelán (eu non teño nada contra el e fáloo e escríboo cando preciso, se cadra mellor ca ti), pero non podo aceptar que iso signifique a desaparición do idioma de Galicia; o propio, Manoliño, non o que nos trouxeron de Castel. Ti isto sábelo, verdade; ou non? porque se non osabes entón dedícate a outra cousas e deixa estas cuestións para os entendedidos e os que teñen sentimentos de Pais.

33 Xan d´Outeiro

Manoliño, o teu é botarlle a culpa aos nacionalistas e punto. Mira, nestas cousas hai que ser algo máis prudente para non meter a pata ata os xeonllos.Cando un idioma como o galego se ve sometido a un desgaste e presión dende tanto tempo atrás, alguén ten que defendelo para que non esmoreza de todo. claro que a ti que desapareza o galego traeche floxa, non si? Ese é o teu problema. Pois deixa que nós defendamos o galego e busquemos alternativas que non nos metemos contigo. Ti segue ao teu e deixanos a nós. Grazas.