Tamén pecha a edición dixital de Xornal

Os medios en galego ou cunha liña editorial crítica co PPdeG seguen morrendo. Trinta e oito persoas irán a rúa co peche da edición dixital da cabeceira da construtora San José.

Por Walter Burns | A Coruña | 19/09/2011 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

Adiantárono varios traballadores nas redes sociais e confirmouno PR Noticias. Antes de fin de ano pechará Xornal.com, segundo lle comunicou hoxe a dirección da empresa ao Comité que representa os traballadores.

None

O Comité, no que participan CIG e SXG, aínda non confirmou a noticia, que tampouco figura na portada da cabeceira coruñesa. Esta tarde está prevista unha asemblea dos traballadores, que até hoxe non se mobilizaron, na sede da Coruña. Segundo traballadores consultados, a edición dixital pechará o vindeiro 30 de decembro e a empresa fará os despedimentosdos 38 traballadores de xeito gradual.

Solidariedade de GC cos traballadores

A solidariedade do equipo de GC con todos estes compañeiros. Coa súa labor lograron insuflar aire fresco no mundo editorial galego, monopolizado na súa práctica totalidade pola sumisión ao poder político de turno.

A decisión do peche de Xornal.com non é unha sorpresa. O catro de agosto pechou a edición en papel de xeito repentino. A dirección da compañía mantivo en vilo aos asalariados até hoxe, pois non lles facilitou información algunha.

San José aplica o mesmo método de desmantelamento que en ANT

Hoxe os despedimentos foron comunicados por un grupo de abogados de Garrigues, un dos buffets máis caros do Estado, especializado en peches de compañías.

A Construtora San José contratou aos mesmos letrados  para botar aos traballadores do histórico semanario nacionalista A Nosa Terra. Os xornalistas desta cabeceira aínda teñen pendente por cobrar parte dos seus salarios e indemnizacións. A cabeceira viguesa tamén mantén débedas cos seus colaboradores.

O frustado grupo mediático do galeguismo próximo a Quintana

A construtora nacida en Pontevedra apostou forte polos medios de comunicación galegos tras a chegada do bipartito ao poder. San José rescatou a ANT dunha dificilísma situación económica e deulle nova vida. Porén, o proxecto acabou fracasando, a editorial foi disolta e o semanario sobrevive só en internet.

A edición en papel Xornal, tamén propiedade de San José, naceu moi pouco antes das eleccións que encubraron a Feijóo. Isto impediu que Xornal gañase peso na configuración da opinión pública galega a tempo de ser un factor relevante nos comicios. Ademais, o apoio do 'quitanismo' a Xornal alimentou a desconfianza das outras cabeceiras galegas, en especial de La Voz, cara o proxecto político que encabezaba o daquela vicepresidente da Xunta.

A partir de entón Anxo Quintana tivo que soportar continúas embestidas mediáticas, que culminaron coa polémica publicación da foto do político no iate de Jacinto Rey, dono de Xornal. Con Feijóo no poder, Xornal apostou por unha liña editorial crítica coa Xunta.

A culpa da Xunta ou da audiencia galeguista?

A empresa e o director-fundador de Xornal, José Luis Gómez, chegaron a un acordo para que este deixara o meido na pasada primavera, pouco despois das informacións sobre un mitin de Rajoy no Moropa, un barco dunha familia de narcotraficantes de Cambads. Xornal, que naceu como un proxecto moi próximo ao 'quintanismo' do BNG, achegou nos últimos meses a súa liña editorial ao PSdeG.

A recesión económica que afecta aos construtores, os avances electorais do PP, a posible vitoria de Rajoy o 20N e as escasas vendas da edición en papel (800 exemplares segundo PR Noticias aínda que Xornal nunca se someteu ao OJD) son factores que inflúen no peche desta cabeceira.

Xornal non era un medio en galego, pero usaba a lingua propia moito máis que o resto de diarios de pago. Dende que goberna o PPdeG en San Caetano xa morreron a edición en papel de A Nosa Terra, A Peneira, Galicia Hoxe, Vieiros e GZ Nación. Todos eles medios en galego e críticos cos conservadores.

Fronte as críticas da oposición, a Xunta nega calquera responsabilidade na fin destes medios e recorda o escaso apoio que recibiron até hoxe polas súas audiencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

32 Manoliño

Hoxe dicía Villares en VíaV que o galego non se pode impor; que a xente adulta le galego, pero o problema está nas xeracións novas que podendo ler e falar en galego, non o fan. Algo ten que ver niso medios como o Xornal ou a patrimonialización do galego que fai o BNG nunha terra que é esencialmente conservadora. Lembro que desde o 81 a xunta gobernou de carambola no 87, e cunha mínima diferenza no lamentable goberno repartito, pesadelo que ninguén quere repetir.

31 Gamela

Vivimos coma galegos? Supoño que a pregunta volve ter actualidade. http://galiciaconfidencial.com/nova...

30 Xan d¨Outeiro

Imos de victoria en victoria ata a derrota final. Parce que esta chegará a fin ais de ano. Os espertos opinan que a prensa en papel ten os dias contados, que o futuro está na rede. Ben; aqui tamén a rede está tocada. Nós pensamos que en Galicia ainda queda algún tempo para prensa en papel. A rede non cubre as necesidades de información local e comarcal que os galegos precisan. De segfuir así quedarán dous ou tres xornais que serán cada vez máis locais de cidades e o resto do Pais lerá Marca e Sport. Temos o que merecemos, tanto política como social e culturalmente.

29 Gamela

Chercher l´argent ! http://www.vieiros.com/open/amosar/... Non aprenderemos nunca?

28 rei

TRAnquilos nom pasa nada, sempre nos quedará o panfleto do pp (la coz antigallega) para defender o galego, os intereses de Galicia, e sobor de todo, enterarnos das corrupcións do pp. jajajajajajajajaj¡¡¡