Tamén pecha a edición dixital de Xornal

Os medios en galego ou cunha liña editorial crítica co PPdeG seguen morrendo. Trinta e oito persoas irán a rúa co peche da edición dixital da cabeceira da construtora San José.

Por Walter Burns | A Coruña | 19/09/2011 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

Adiantárono varios traballadores nas redes sociais e confirmouno PR Noticias. Antes de fin de ano pechará Xornal.com, segundo lle comunicou hoxe a dirección da empresa ao Comité que representa os traballadores.

None

O Comité, no que participan CIG e SXG, aínda non confirmou a noticia, que tampouco figura na portada da cabeceira coruñesa. Esta tarde está prevista unha asemblea dos traballadores, que até hoxe non se mobilizaron, na sede da Coruña. Segundo traballadores consultados, a edición dixital pechará o vindeiro 30 de decembro e a empresa fará os despedimentosdos 38 traballadores de xeito gradual.

Solidariedade de GC cos traballadores

A solidariedade do equipo de GC con todos estes compañeiros. Coa súa labor lograron insuflar aire fresco no mundo editorial galego, monopolizado na súa práctica totalidade pola sumisión ao poder político de turno.

A decisión do peche de Xornal.com non é unha sorpresa. O catro de agosto pechou a edición en papel de xeito repentino. A dirección da compañía mantivo en vilo aos asalariados até hoxe, pois non lles facilitou información algunha.

San José aplica o mesmo método de desmantelamento que en ANT

Hoxe os despedimentos foron comunicados por un grupo de abogados de Garrigues, un dos buffets máis caros do Estado, especializado en peches de compañías.

A Construtora San José contratou aos mesmos letrados  para botar aos traballadores do histórico semanario nacionalista A Nosa Terra. Os xornalistas desta cabeceira aínda teñen pendente por cobrar parte dos seus salarios e indemnizacións. A cabeceira viguesa tamén mantén débedas cos seus colaboradores.

O frustado grupo mediático do galeguismo próximo a Quintana

A construtora nacida en Pontevedra apostou forte polos medios de comunicación galegos tras a chegada do bipartito ao poder. San José rescatou a ANT dunha dificilísma situación económica e deulle nova vida. Porén, o proxecto acabou fracasando, a editorial foi disolta e o semanario sobrevive só en internet.

A edición en papel Xornal, tamén propiedade de San José, naceu moi pouco antes das eleccións que encubraron a Feijóo. Isto impediu que Xornal gañase peso na configuración da opinión pública galega a tempo de ser un factor relevante nos comicios. Ademais, o apoio do 'quitanismo' a Xornal alimentou a desconfianza das outras cabeceiras galegas, en especial de La Voz, cara o proxecto político que encabezaba o daquela vicepresidente da Xunta.

A partir de entón Anxo Quintana tivo que soportar continúas embestidas mediáticas, que culminaron coa polémica publicación da foto do político no iate de Jacinto Rey, dono de Xornal. Con Feijóo no poder, Xornal apostou por unha liña editorial crítica coa Xunta.

A culpa da Xunta ou da audiencia galeguista?

A empresa e o director-fundador de Xornal, José Luis Gómez, chegaron a un acordo para que este deixara o meido na pasada primavera, pouco despois das informacións sobre un mitin de Rajoy no Moropa, un barco dunha familia de narcotraficantes de Cambads. Xornal, que naceu como un proxecto moi próximo ao 'quintanismo' do BNG, achegou nos últimos meses a súa liña editorial ao PSdeG.

A recesión económica que afecta aos construtores, os avances electorais do PP, a posible vitoria de Rajoy o 20N e as escasas vendas da edición en papel (800 exemplares segundo PR Noticias aínda que Xornal nunca se someteu ao OJD) son factores que inflúen no peche desta cabeceira.

Xornal non era un medio en galego, pero usaba a lingua propia moito máis que o resto de diarios de pago. Dende que goberna o PPdeG en San Caetano xa morreron a edición en papel de A Nosa Terra, A Peneira, Galicia Hoxe, Vieiros e GZ Nación. Todos eles medios en galego e críticos cos conservadores.

Fronte as críticas da oposición, a Xunta nega calquera responsabilidade na fin destes medios e recorda o escaso apoio que recibiron até hoxe polas súas audiencias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 130 comentarios

2 Gutemberg

Esta quebrando el viejo modelo de montar medios de comunicación cuyas pérdidas serían financiadas con las subvenciones otorgadas por los amigos en el poder. Menudos empresarios. Jacinto Rey no es, no fue, ni nunca será editor...Su negocio es otro...Desaparecido Quintana y ante la perspectiva de un largo período del PP en la Xunta y ahora en Madrid, Rey simplemente recoge velas y pone la pasta en Nova Caixa Galicia. En el camino quedan los ilusos...

1 marinela

en nova caixa galicia vamos poñer pasta todos, querendo ou sen querer q o banco q a compre ha querer comprala ben lavadiña, sen débedas nin trapalladas

2 cucha

Estamos rodeados de espabilados. Gutemberg é tan listiño que seguro que está disposto a explicarnos coma sobrevive "La coz de galicia".

1 Manoliño

É o que ten a soberbia. Hai unha serie de gurús pola rede que teñen un modelo de comunicación política relacionado coa "exasperación axitativa". O caso seguramente mais caricaturesco é o de Fermín Bouza e o seu blog. Xornal pareceu seguir sempre esta liña de exasperar e axitar, tíñanse por uns cracks e agora resulta que a xente ría, ten criterio, elixe, e fixeron crack.

1 Manolito

Para exasperacións vaia ás hemerotecas colla "La Coz de Malicia" dende 2008 a 2009 e deguste até vomitar. Que troll mais cansino...

2 marinela

A xente elixe...ou danllo elixido. Nos coles recíbese diariamente un diario q, q eu saiba, ninguén solicitou. Por q todos os colexios reciben "gratis" la coz de malicia? De q parte dos impostos q aportamos os cidadáns sae iso? Do orzamentado para normalización lingüística? Telita!

3 Manoliño

Prefiero a Fermín Bouza, que tanto por caricaturesco como polo perfil intelectual baixo que se amosa no seu blog, ríome mais. E para ser un troll, non sei que necesidade tes de contestarme...

4 Manoliño

marinela ¿so reciben/recibían gratis total La Voz? Autorresponsta: non. A xente elixe onde anunciarse e publicar esquelas ¿Non era grotesco que vendesen so 800 exemplares? => A xente elixe.

5 Manoliño

Aquí os espero / comiendo un huevo / patatas fritas / y un caramelo :D

6 cucha

Os politicos do PPSOE adicanse a pastorear analfabetos, e o fan moi ben. Hai está Manoliño coma mostra. La coz de Galicia so sobrevive porque ten máis presuposto que algunhas consellerías.

7 Eumesmo

Manoliño, mereces un monumento, eres un bo arquetipo de galeguiño facha, comenenciudo, resabiado, acomprexado, contradictorio, e outras virtudes que te adornan. En canto ao Bouza, quen che dera chegarlle á altura intelectual do calcañar, ti que te cres tan listo...

8 aaaaaaaaaa

De parte do Bouza, Grazas Manolo, grazas pola publicidade que lle fas ao seu blogue.

9 Manoliño

Bouza acerta sempre é alguén respeitado a nivel mundial. De feito, entrando en Web of Science e vendo o seu impacto mundial queda un abraiado XD E o seu nivel é tal, que non deixa entrar a disidentes ou discrepantes porque calquera pode comelo con patacas.