A Xunta subvenciona con 1,4 millóns á adega Condes de Albarei

As axudas son para "mellorar as súas instalacións". Esta empresa xa recibiu axudas en anos anteriores por un valor de 1,3 millóns.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/02/2019 | Actualizada ás 18:16

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural resolveu as axudas a investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, con máis de tres millóns de euros que se destinarán a 53 beneficiarios. E unha das empresas que mellor sae parada é a de Condes de Albarei.

O conselleiro do Medio Rural, José González, na adega de Condes de Albarei. XUNTA DE GALICIA
O conselleiro do Medio Rural, José González, na adega de Condes de Albarei. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Precisamente, o conselleiro do Medio Rural, José González, visitou este martes esta adega en Cambados. Alí dixo que "recibirá máis de 424.000 euros correspondentes coa convocatoria de 2018 para mellorar as súas instalacións, cun investimento total que ascende a 1,4 millóns de euros". Esta empresa "xa resultou beneficiaria destas e doutras subvencións en anos anteriores, cun montante total de 1,3 millóns de euros".

Por outra banda, o conselleiro asistiu á sesión plenaria do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, na que se fixo balance do último ano. González sinalou que o plan estratéxico e de denominación territorial "contará coa participación de todos os axentes crave do territorio" e que ten, entre os seus obxectivos "mellorar a coordinación público-privada para fomentar o desenvolvemento territorial a partir do sector vitivinícola".

Ademais, destacou a importancia de Agacal "para seguir mellorando" as características dos produtos galegos e "manter a boa valoración que ten Galicia no mercado nacional e internacional". Trátase da provincia máis beneficiada, con 27 iniciativas correspondentes coa convocatoria de 2018, ás que lles corresponde unha achega de 2,4 millóns de euros, o que suporá un investimento inducido de oito millóns, tal e como informou a Consellería nun comunicado.

AXUDAS

Na visita, na que estivo acompañado polo director da Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, o conselleiro destacou que na convocatoria 2019 o orzamento de axudas aumentou un 13 por cento, chegando aos 4,25 millóns de euros.

As subvencións "van dirixidas tanto a empresas vitivinícolas e organizacións de produtores como a asociacións e a organizacións interprofesionais". Así, segundo González, "facilítaselles executar investimentos de todo tipo, sempre que teñan por obxecto mellorar a produción ou facela máis competitiva".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta