Un bañista di estar en perfecto estado tras ser rescatado na Coruña

O home alcanzou as rocas na zona do Milenium, onde foi axudado por policías locais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2019 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

Un home foi auxiliado na mañá deste mércores tras pedir axuda para saír da auga preto da zona do Milenium na cidade da Coruña.

Segundo informou o 112 Galicia, o home puido alcanzar as rocas e foi axudado por axentes da Policía Local. Ademais, concretou que se atopaba "en perfecto estado de saúde".

Para atender esta emerxencia, o 112 Galicia indicou que pediu a colaboración de Salvamento Marítimo e dos Bombeiros da Coruña, que acudiron á zona con material de rescate. No entanto, o home foi capaz de achegarse ás rocas, onde foi recollido por membros da Policía Local. Neste caso, o operativo tamén contou co apoio dos axentes da Policía Nacional.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia medicalizada para atender o home, que recibiu no punto a alta voluntaria, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Embarcacións na zona de Riazor, na Coruña
Embarcacións na zona de Riazor, na Coruña | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta