Rueda ve "nerviosismo" na acusación do PSOE de "comprar" alcaldes en Ourense

O secretario xeral do PPdeG nega que haxa transfuguismo con relación ao alcalde de San Xoán de Río, anteriormente fora en listas do PSOE.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2019 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou este mércores que ve "moi nervioso" ao PSdeG en relación á acusación que fixeron recentemente os socialistas sobre a suposta "compra" de alcaldes por parte do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar.

Neste sentido, en declaracións aos medios antes de participar na inauguración de Xantar, o representante do Goberno galego criticou que o PSdeG descualifique "de súpeto" a un rexedor --en relación ao alcalde de San Xoán de Río, Luís Castro Álvarez-- que, supón, antes lles  parecía "bo" alcalde, "ao ver "que non é capaz de reter a candidatos que antes foron polas súas siglas e agora optan por outras".

Con todo, Alfonso Rueda reiterou que, aínda que será a comisión antitransfuguismo a que "terá a última palabra", considera que o paso do alcalde de San Xoán de Río do PSdeG ao PP "non se trata de transfuguismo", senón de "nerviosismo" de "un partido que descualifica aos que eran ata hai pouco os seus candidatos".

Alfonso Rueda. EUROPA PRESS - Archivo
Alfonso Rueda. EUROPA PRESS - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ith

Os concellos tenen os alcaldes mais a deputación o poder.