O TS obriga a actualizar salarios con IPC e contratos mínimos de 24 horas en axuda a domicilio de Galicia

O Tribunal Supremo obriga que os contratos nunca poidan ser inferiores a 25 horas semanais por contrato

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2019 | Actualizada ás 20:06

Comparte esta noticia

O Tribunal Supremo unificou doutrina e dado a razón a CC.OO. en Axuda a Domicilio de Galicia ao obrigar a actualizar os salarios co IPC e establecer contratos mínimos de 25 horas no sector.

Así o destaca o sindicato nunha nota na que reivindica que "en solitario gañou ambas as sentenzas que obrigan a actualizar os salarios do sector ano tras ano incrementándose co IPC real do ano anterior".

Así mesmo obriga a que os contratos "nunca" poidan ser inferiores a 25 horas semanais, segundo engade a organización sindical. "O Tribunal Supremo condena así á empresa Clece (e a todo o sector de axuda a domicilio de Galicia) a establecer unha xornada mínima de 25 horas por contrato", sinala.

Con esta sentenza, subliña, "xa non existe ningunha dúbida da ilegalidade de contratos cunha duración inferior ás 25 horas e como non, a parte proporcional do salario correspondente".

CC.OO, coa sentenza do TS sobre axuda a domicilio. REMITIDA
CC.OO, coa sentenza do TS sobre axuda a domicilio. REMITIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta