Quince concellos galegos son chamados para a "retirada inmediata" de simboloxía franquista

A Dirección Xeral de Memoria Histórica do Ministerio de Xustiza solicitou a 656 concellos a retirada dos vestixios do franquismo que aínda pervivan nos seus espazos públicos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/02/2019 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Memoria Histórica do Ministerio de Xustiza solicitou a 656 concellos, unha quincena deles galegos, a "retirada inmediata" dos vestixios do franquismo que aínda pervivan nos seus espazos públicos e pediu aos gobernos autonómicos que verifiquen "a non existencia de símbolos de exaltación".

En concreto, pide a retirada en cinco concellos da provincia de Ourense (Beariz, O Carballiño, Melón, San Cristovo de Cea e Xunqueira de Ambía); en cinco de Pontevedra (Tui, Agolada, A Estrada, O Porriño e Campo Lameiro); en catro de Lugo (Lourenzá, Quiroga, Ribadeo e Sarria), así como o municipio da Coruña.

O director xeral para a Memoria Histórica, Fernando Martínez López, remitiu unha carta aos alcaldes deses municipios na que lles pide que cumpran a lei, elaboren "o catálogo de vestixios" e procedan á "inmediata retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación da sublevación militar e represión da ditadura". En paralelo, Martínez solicitou a todos os gobernos autonómicos información "sobre a existencia de simboloxía de exaltación de Guerra Civil e ditadura en territorios autonómicos" para proceder igualmente á súa retirada.

Segundo explica o Ministerio de Xustiza nun comunicado, o Instituto Nacional de Estatística (INE) detectou que "destacadas figuras do franquismo dan nome aínda a 1.171 rúas e prazas españolas repartidas entre máis de 637 municipios". A ese censo, a Dirección Xeral de Memoria Histórica incorporou outros 19 nos que, segundo a súa propia información, tamén puidesen quedar outros vestixios de exaltación da Guerra Civil ou homenaxe ao franquismo.

Acto na Coruña en cumprimento na Lei da Memoria Histórica
Acto na Coruña en cumprimento na Lei da Memoria Histórica

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 urco

O Paço de Justiça de Pontevedra, que algum vencelho terá co ministério espanhol de justiça ou de justiça espanhola, tem presidindo à sua fachada um escudo fascista espanhol. Fariam bem os funcionários que ali trabalham em aplicarem a lei.