Un paseo polas paisaxes da alma do pintor Antonio Quesada

Afundación presenta en Ourense a exposición 'Antonio Quesada. Dende o sentimento'.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 07/02/2019 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta a exposición 'Antonio Quesada. Dende o sentimento', un percorrido completo polas achegas máis relevantes de Antonio Quesada ao panorama artístico.

Obra de Antonio Quesada.
Obra de Antonio Quesada.

A exposición produciuse en colaboración coa Xunta de Galicia, mediante a Consellería de Cultura e Turismo, coa coordinación de Teresa Cendón. Abrirase ao público o vindeiro 13 de febreiro na Sala de exposicións Afundación de Ourense (pr. Maior, 4) onde se poderá visitar ata o 12 de maio, de luns a venres en horario de 17.30 a 20.30 h e os sábados, domingos e festivos de 12.00 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h.

Coas súas obras, Antonio Quesada fai viaxar o espectador a mundos estraños e misteriosos, dando lugar a unha pintura emotiva, sensible e intimista. Participou activamente no movemento cultural que conmocionou as artes plásticas galegas na segunda metade do século XX baixo a tutela de intelectuais como Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Eduardo Blanco Amor. Ademais, a súa amizade cos poetas zamoranos Claudio Rodríguez e Hilario Tundidor influíu decisivamente na particular concepción lírica da súa pintura.

Esta mostra recolle pezas de coleccións particulares e de institucións, destacando unha importante presenza de obras pertencentes á Colección de Arte Afundación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta