As empresas en concurso de Galicia sitúanse en 189, a cifra máis baixa do último decenio

Segundo o INE, produciuse un descenso do 20% respecto do 2017. Tamén diminuíu o número de familias en quebra: das 61 do 2017 pasouse ás 43 ao peche do 2018.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2019 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

Galicia pecha 2018 cun total de 189 empresas en concurso, a cifra máis baixa desde 2008 (ano no que había 171). Pola súa banda, as familias en quebra tamén van á baixa e sitúanse en 43.

Segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE), as empresas en concurso baixan un 20% respecto das 237 que había en 2017. Das 189 concursadas, 154 son SL, 13 son SA, 17 son persoas físicas e cinco son doutra tipoloxía. Por sectores, no que hai máis afectadas é na construción, cun total de 41.

Por número de asalariados, as que teñen entre un e dous empregados son as que teñen máis concursos (52). No tocante a volume de negocio, o maior número (84) está nas que teñen menos de 250.000 euros. Ademais, por antigüidade, as que teñen 20 ou máis anos son as máis afectadas (54), seguidas do tramo de nove a 12 anos (35).

No tocante ás familias en quebra, as 43 coas que acaba o 2018 son 18 menos que as 61 ao peche de 2017, nunha baixada que é do 30%.

Evolución das familias en quebra en Galicia. EPDATA
Evolución das familias en quebra en Galicia. EPDATA

A suma de empresas e familias arroxan un total de 232 debedores concursados en Galicia. Así, houbo 222 concursos voluntarios e 10 necesarios. En 221 casos o procedemento foi abreviado, mentres que noutros once foi ordinario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta