Detido por subtraer un ciclomotor e conducir sen carné en Ribeira (A Coruña)

Relaciónase tamén co uso dunha furgoneta comercial que foi empregada para cometer un roubo nun establecemento de conxelados no polígono de Xarás.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2019 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira (A Coruña) detiveron un veciño da localidade como presunto autor de varios delitos, entre eles a subtracción dun ciclomotor e a súa posterior condución co carné retirado.

Segundo informou a Policía Nacional, atribúeselle un delito de roubo con forza dun ciclomotor subtraído das instalacións do depósito municipal de vehículos. Tamén se lle imputa a comisión dun delito contra a seguridade viaria, ao circular co ciclomotor a pesar de ter o permiso de conducir retirado pola perda total de puntos.

Por outra banda, atribúeselle o delito de furto de uso dun vehículo tipo furgoneta comercial, subtraída na parroquia de Olveira. Esa furgoneta foi empregada para a comisión dun delito de roubo con forza nun establecemento de conxelados situado no polígono de Xarás, de onde levaron uns 700 euros en efectivo da caixa.

Así mesmo, funcionarios adscritos á Comisaría de Ribeira procederon á detención dun individuo ao cal lle constaba unha reclamación xudicial por roubo con forza ditada por un xulgado de Pontevedra para o seu arresto e ingreso en prisión.

Ambos os detidos foron postos a disposición da autoridade xudicial. Cónstanlles numerosos antecedentes policiais a ámbolos dous.

Coche da Policía Nacional. ARQUIVO
Coche da Policía Nacional. ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta